Aplicación para o seguimento da participación e resultados electorais

A aplicación “Eleccións Xerais 2015” facilitada polo Ministerio do Interior permite a consulta da participación e os resultados provisorios das eleccións ao Congreso e ao Senado do 20 de decembro de 2015.

Se vostede xa ten instalada unha versión anterior ao día 18 de decembro, debería desinstalala e descargarse a versión actual.

Que información ofrece

Esta aplicación permite consultar os resultados electorais por diversos niveis: total estatal, Comunidade Autónoma, circunscricións (provincias/illas), municipios e distritos municipais nas seguintes cidades: Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga, Zaragoza e Bilbao.

O usuario pode consultar datos de Avances de participación, Congreso e Senado nunha mesma app e con datos en tempo real.

A aplicación amosa detalle en datos de participación, porcentaxes de votos válidos, en branco e nulos, xunto con resultados por candidatos e candidaturas.

De forma complementaria, a app permite tamén a comparación de resultados respecto ás eleccións xerais de 2011.

Como instalala

A app pode ser instalada dende as tendas de aplicacións nas seguintes plataformas: Android (Google Play), iOS (App Store), Windows (Windows Phone Store) e Blackberry (Blackberry World).

Siga os resultados electorais
Seleccione os datos que queira consultar
Consulte quen conseguiu o último escano
Avances, congreso e senado
AVISO
Os datos ofrecidos polo Ministerio do Interior constitúen información provisoria sobre os resultados da elección, en virtude do previsto no artigo 98.2 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.
Corresponde ás Xuntas Electorais realizar o escrutinio xeral e a proclamación de electos (artigos 103 e 108 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral).
Finalmente, corresponde á Xunta Electoral Central a publicación dos resultados das eleccións no Boletín Oficial do Estado (artigo 108.6 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral)