Campañas institucionais

Voto accesible

Votar nas Eleccións Xerais do 20 de decembro está na túa man

Se es unha persoa cega ou tes unha discapacidade visual grave e coñeces o sistema Braille, podes votar sen obstáculos.

Comunícao ao teléfono gratuíto 900 150 000, ata o 23 de novembro. O día da votación terás que recoller a documentación para votares na túa mesa electoral, presentando o teu DNI.

Exercer o teu dereito ao voto sen obstáculos está na túa man.

Ministerio del Interior.

Gobierno de España.