Como votar
Voto das persoas que residen temporalmente no estranxeiro (erta)
Solicitude
Os electores que se enontren temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria dun proceso e a súa celebración, e desexen votar, deberán solicitalo previamente.
O impreso de solicitude poderá encontralo nos Consulados e Embaixadas, e descargalo aquí.
A solicitude cumprimentada deberá entregarse persoalmente no Consulado ou Embaixada.
Para poder formular a solicitude, o elector deberá estar inscrito no Rexistro de Matrícula Consular como non residente. Ambos trámites (solicitude e inscrición) poden realizarse no mesmo acto.
O prazo para presentar a solicitude finaliza o día 21 de novembro.
Documentación para votar
A Oficina do Censo Electoral enviaralle a documentación para votar.
Os envíos haberán de estar realizados en todo caso antes do 8 de decembro. A este prazo haberá de sumarse o tempo que tarde en chegar a documentación ao enderezo no estranxeiro.
En que consiste esta documentación electoral que remite a Oficina do Censo Electoral?
- unha folla informativa.
- o certificado de inscrición no censo.
- Papeletas e sobres de votación
- un sobre no que debe figurar o enderezo da Mesa electoral que lle corresponda.
- un impreso oficial destinado a posibilitar o reintegro dos gastos de franqueo, no seu caso.
Como votar
O elector deberá seleccionar a súa opción de voto:
- Para a elección de Deputados, introducirá a papeleta correspondente á candidatura elixida dentro do sobre de votación de cor branca.
- Para a elección de Senadores, marcará o/os candidatos da súa elección atendendo ás instrucións que se recollen na papeleta. Despois meterá esta papeleta no sobre de votación de cor sepia.
A continuación, introducirá no sobre dirixido á mesa electoral o seguinte:
- Sobres de votación coas papeletas.
- O certificado de inscrición no censo.
- Se así o desexa, o impreso cumprimentado para a devolución dos gastos do envío.
Ten ata o día 16 de decembro, para remitir este sobre por correo certificado.
Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha Oficina de Correos do Estado correspondente, que certifique que se remitiu dentro do prazo previsto.
O servizo de Correos conservará ata o día da votación a correspondencia dirixida á Mesa e trasladaraa ás 9 da mañá e ata as 20 horas do mesmo día.
Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.exteriores.gob.es; www.ine.es.