Como votar

Voto presencial

Onde se vota?

Cada elector recibirá da Oficina do Censo Electoral unha tarxeta do censo cos datos actualizados da súa inscrición no censo electoral e da Sección e Mesa na que lle corresponde votar. A Oficina do Censo Electoral comunicará igualmente aos electores afectados as modificacións de Seccións, locais ou Mesas que teñan podido producirse.

A qué hora abren e fechan os locais electorais?

A votación comeza ás 9 horas do día 20 de decembro, aínda que os locais están abertos antes para que poidan presentarse os membros das Mesas electorais e constitúan as mesmas, verifiquen que non hai problemas co material electoral (urnas, cabinas, soportes marcadores, sobres, papeletas, impresos …), acrediten a apoderados e interventores, etc.

A votación remata ás 20 horas, momento no que o Presidente da Mesa electoral anuncia o final da votación. Así e todo, se aínda fica alguén dentro do local electoral, o Presidente da Mesa permitiralle votar.

Como se identifica o elector?

A identificación realízase mediante:

  • Documento nacional de identidade (DNI).
  • Pasaporte (con fotografía).
  • Permiso (carné) de conducir (con fotografía).

Non importa que estes documentos estean caducados, pero deben ser os orixinais, non valen fotocopias

Como se desenvolve a votación?

A votación comeza ás 9 horas, aínda que os locais están abertos antes para que poidan presentarse os membros das Mesas electorais e constitúan as mesmas, verifiquen que non hai problemas co material electoral, acrediten a apoderados e interventores, etc.

Só se pode votar na Mesa electoral que corresponda a cada elector, agás os interventores que exercen o seu dereito de sufraxio na Mesa perante a que están acreditados se pertence á mesma circunscrición na que están inscritos.

Os electores achegaranse á Mesa dun nun e manifestarán o seu nome e apelidos ao Presidente. Os vogais e interventores comprobarán a través das listaxes do censo, o dereito a votar e a identidade do elector. Este, entregará pola súa propia man ao Presidente o sobre ou sobres de votación fechados, quen sen ocultalos en ningún momento á vista do público dirá en voz alta o nome do elector e, engadindo “Vota”, entregará o sobre ou sobres ao elector quen os depositará na urna ou urnas.

A votación remata ás 20 horas, momento no que o Presidente da Mesa electoral anuncia o final da votación. Así e todo, se aínda fica alguén dentro do local, o Presidente permitiralle votar.

Se o día 20 é para min laborable, teño dereito a ausentarme do meu traballo para poder ir votar?

A Administración do Estado ou, no su caso, a das Comunidades Autónomas que teñan atribuídas competencias en materia laboral, previo acordo cos Delegados do Goberno referente aos traballadores por conta allea, e as Administracións públicas referente ao seu cadro de persoal, adoptarán as medidas precisas para que os electores que presten os seus servizos o día das eleccións poidan dispoñer no seu horario laboral de ata catro horas libres para o exercicio do dereito do voto, que serán retribuídas. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a correspondente redución proporcional do permiso.

En caso de persoas que por estar realizando funcións lonxe do seu enderezo habitual ou noutras condicións das que se deriven dificultade para exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións, as medidas precisas a adoptar irán encamiñadas a que estas persoas poidan votar por correo e conten para iso con permiso de ata catro horas libres para poder solicitalo seguindo o procedemento establecido no artigo 72 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.