Información general
Que é a paridade electoral?
A paridade electoral é a presenza equilibrada de mulleres e homes no ámbito da representación política.
A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral esixe a composición equilibrada das listaxe electorais que se presenten nas eleccións ao Congreso dos Deputados, eleccións Locais, a Consellos Insulares, a Cabidos Insulares Canarios, ao Parlamento Europeo e ás Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas.
Esta composición equilibrada de mulleres e homes supón o seguinte:
No conxunto da listaxe das eleccións ao Congreso dos Deputados, e en todo caso en cada tramo de 5 postos, os candidatos dun ou doutro sexo non poderán estar representados en menos do 40%.
Cando as candidaturas para o Senado se agrupen en listaxe, tales listaxe deberán ter igualmente unha composición equilibrada de mulleres e homes, de forma que a proporción dunhas e doutros sexan o máispreto posible ao equilibrio numérico.
Máis información:
Instrucción 5/2007, de 12 de abril, da Xunta Electoral Central, sobre aplicación dos artigos 44.bis e 187.2 da LOREG na redacción dada pola Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Acordo 15/09/2011 da XEC interpretación artigo 171.2 da LOREG