Información general
A presentación de candidaturas nas Eleccións Xerais 2015
Cal é nas eleccións Xerais a Xunta competente para a presentación e proclamación de candidatos?
A Xunta Electoral competente para todas as operacións en relación coa presentación e proclamación de candidatos nas eleccións Xerais é a Xunta Electoral Provincial (artigo 169 Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral).
O Secretario da Xunta Electoral outorgará un número correlativo por orde de presentación a cada candidatura presentada e esta orde gardarase en todas as publicacións (artigo 46.9 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral).
Quen pode presentar candidatos ou listaxes de candidatos nas eleccións Xerais?
Poden presentar candidatos ou listaxes de candidatos (artigo 44 e 169.3 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral):
Os partidos e federacións inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior.
As coalicións constituídas que así o teñan comunicado á Xunta Electoral correspondente, nos 10 días seguintes á convocatoria (do 28 de outubro ao 6 de novembro) facendo constar a denominación da coalición, as normas pola que se rexe e as persoas titulares dos seus órganos de dirección ou coordinación.
As agrupacións de electores. Estas haberán de reunir as sinaturas de, polo menos, o 1% dos inscritos no censo electoral da circunscrición na que se presente.
Os partidos, federacións ou coalicións que non obtiveran representación en ningunha das Cámaras na anterior convocatoria de eleccións necesitarán a sinatura, polo menos, do 0.1% dos electores inscritos no censo electoral da circunscrición pola que pretendan a súa elección.
Ningún elector poderá prestar a súa sinatura a máis dunha candidatura.
Quen poden ser candidatos?
Son elixibles os españois maiores de idade que, tendo a calidade de elector, non se atopen incursos nalgunha das causas previstas nos artigos 6 e 154 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.
Cal é o prazo de presentación de candidaturas?
O prazo para presentar candidaturas é do 11 ao 16 de novembro. As candidaturas presentadas publícanse no Boletín Oficial do Estado o día 18 de novembro e as candidaturas proclamadas o 24 de novembro (artigos 45, 47, 169 a 171 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral)
Como se forma unha coalición electoral?
Os partidos e federacións que establezan un pacto de coalición para concorrer conxuntamente a unhas eleccións deben comunicarllo á Xunta nos dez días seguintes á convocatoria (entre os días 28 de outubro e 6 de novembro).
Nesta comunicación débese facer constar a denominación da coalición, as normas pola que se rexe e as persoas titulares dos seus órganos de dirección e coordinación (artigo 44.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral).
Que é una agrupación de electores?
As agrupacións de electores son formacións políticas que se constitúen co aval dun número variable de sinaturas de electores e só e exclusivamente para poder presentar candidatura nun proceso electoral concreto e determinado.
Non teñen, por tanto, vocación de permanencia ou natureza de asociación e non necesitan inscribirse no Rexistro de Partidos Políticos.
Cada agrupación de electores é autónoma e independente de calquera outra. O seu ámbito espacial de actuación é a circunscrición electoral -sen que caiban candidaturas colectivas, nin que abarquen máis duna circunscrición, nin federacións ou coalicións entre elas- e o seu ámbito temporal de validez é o proceso electoral concreto para o que se constituíu, sen que poida estenderse máis alá do mesmo.
Para presentar candidaturas ás eleccións Xerais, as agrupacións de electores necesitan, polo menos, as sinaturas do 1% dos inscritos no censo electoral da circunscrición na que se presente. Ningún elector poderá prestar a súa sinatura a máis dunha candidatura. Artigo 169.3 Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral
Como se realiza a presentación de candidaturas?
Á presentación da candidatura (que se realiza nos formularios que poden descargarse desta web) debe acompañarse a documentación recollida na Instrución da Xunta Electoral Central, de 15 de marzo de 1999.
Presentación de candidaturas ao Senado.
Artigo 171 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral
1.- As candidaturas para o Senado son individuais a efectos de votación e escrutinio aínda que poden agruparse en listaxes a efectos de presentación e campaña electoral.
2.- Cada candidatura a Senador debe incluír dous candidatos suplentes facendo constar a orde en que deban asumir a suplencia. Os nomes dos candidatos suplentes figurarán na publicación das candidaturas no Boletín Oficial do Estado e en toda a documentación electoral, pero non se incluirán nas papeletas electorais.