Información para membros de mesa
O día das elección
O Presidente ou Presidenta, os vogais e os suplentes reúnense ás 8:00 h. no lugar fixado para a votación.
Se o Presidente ou Presidenta non acudiu, substitúeo o seu primeiro suplente. No caso de fallar tamén este, substitúeo o segundo suplente, e se este tampouco acudiu, toma posesión como Presidente ou Presidenta o primeiro vogal, ou o segundo vogal, por esta orde. De igual maneira, os vogais que non acudiron ou que toman posesión como Presidente ou Presidenta, son substituídos polos seus suplentes.
Non pode constituírse a Mesa sen a presenza dun Presidente ou Presidenta e dos vogais. En caso de que non poida constituírse a Mesa, estenderase unha declaración dos feitos e enviarase por correo certificado á Xunta Electoral de Zona, a quen xa antes haberase comunicado esta circunstancia telegráfica ou telefonicamente.
A Xunta, nese caso, designará libremente ás persoas que haberán de constituír a Mesa electoral, podendo incluso ordenar que forme parte dela algún dos electores que se atopen presentes no local.
Se, pese ao indicado, non puidera constituírse a Mesa unha hora despois da legalmente establecida para o comezo da votación, comunicarase á Xunta Electoral de Zona, que convocará para unha nova votación na Mesa dentro dos dous días seguintes.
Constituída a Mesa e levantada a súa acta de constitución, non procede dar posesión ao vogal que se presenta tarde para o desempeño das súas funcións, e que foron substituído polo suplente. Unha vez constituída a Mesa electoral, os suplentes que non teñan tido que integrala fican exentos de calquera obrigación ao respecto.
O Presidente ou Presidenta da Mesa electoral é a autoridade en materia de orde pública dentro do local electoral; ten autoridade exclusiva para conservar a orde, asegurar a liberdade dos electores e manter a observancia da Lei.
A estes efectos as forzas de policía destinadas a protexer os locais electorais prestarán á Presidencia da Mesa, dentro e fora de eles, o auxilio que requira.
Nin nos locais electorais nin nas inmediacións dos mesmos poderase realizar propaganda electoral de ningún xénero. A Presidencia da Mesa tomará a este respecto as medidas que estime convenientes.
Desenvolvemento da votació
Pode fechar un Local electoral antes da hora prevista?
Si, sempre que teñan votado todos os electores censados na mesa.
Dentro do Local electoral pode haber carteis ou propaganda electoral o día da votación?
Non pode haber carteis nin propaganda electoral dentro dos locais electorais o día da votación.
Se os hai, o Presidente ou Presidenta (ou no seu defecto a Xunta Electoral de Zona) deberá ordenar á Policía a súa retirada.
Non se considerarán propaganda electoral os emblemas ou símbolos que porten os interventores ou apoderados para a súa identificación.
Que facer se se producir algún incidente da orde pública?
O Presidente ou Presidenta teñen, dentro do local electoral, a autoridade exclusiva de cara ao mantemento da orde pública. Para iso poderán requirir a intervención das Forzas e Corpos de Seguridade, de ser necesario.
Os incidentes que xurdan, e o nome e apelidos de quen os houberan provocado, se reflectirán no acta de sesión.
Como se identifica o elector ou electora perante a Mesa?
A identificación se realiza mediante:
- Documento nacional de identidade (DNI).
- Pasaporte (con fotografía).
- Permiso (carné) de conducir (con fotografía).
Non importa que estes documentos estean caducados, pero deben ser os orixinais, non valen fotocopias.
Se a pesar de amosar estes documentos, aparecen dúbidas sobre a identidade do elector ou electora, a Mesa, tendo en conta os documentos aportados e o testemuño que poidan presentar os electores presentes, decidirá por maioría dos seus membros.
Que acontece se o elector ou electora non figura na listaxe do censo?
En este caso, só poderá votar na Mesa se presenta algún destes documentos:
- SENTENZA XUDICIAL que recoñeza o dereito do votante a estar inscrito no censo da Mesa.
- CERTIFICACIÓN CENSUAL ESPECÍFICA DE ALTA, expedida pola Delegación Provincial da Oficina do Censo electoral, que lle habilite para facer efectivo o seu dereito ao voto.
Será válido para a votación tanto o orixinal da certificación censual específica como a recibida por telefax a través do concello respectivo.
As certificacións censuais específicas deben terse en conta na listaxe numerada de votantes, para despois computalas debidamente nas actas de escrutinio e sesión.
Como votan as persoas con discapacidade?
Os electores que non saiban ler ou que por discapacidade estean impedidos para elixir a papeleta ou colocala dentro do sobre e para entregala ao Presidente ou Presidenta da Mesa, poden servirse para estas operacións dunha persoa da súa confianza.
Cando votan os membros da Mesa e os interventores?
Finalizada a votación, e introducidos na urna os sobres que conteñan as papeletas de voto remitidas por correo, votan os membros da Mesa e os interventores acreditados perante a mesma. O Presidente ou Presidenta introducirá os sobres na urna.
Na listaxe numerada de votantes hase de indicar a Sección e Mesa electoral dos interventores que non figuren no censo da Mesa.
Que sucede se durante a xornada electoral faltan sobres o papeletas?
Cando a Mesa advirta a ausencia de papeletas dalgunha candidatura, os interventores ou apoderados da correspondente candidatura poden subministralas.
Se non é posible, o Presidente ou Presidenta da Mesa deberá interromper a votación e comunicarao á Xunta Electoral de Zona, para que esta as subministre inmediatamente.
A interrupción non pode durar máis dunha hora, e a votación prorrogarase tanto tempo como houbera estado interrompida
Que ocorre se se interromper a votación durante máis dunha hora?
A regra xeral é que a interrupción da votación non debe durar máis dunha hora.Así e todo, se a Mesa acorda continuar a votación perante unha interrupción levemente superior a unha hora (coa conseguinte prórroga durante o tempo que esta houbera estado interrompida), non pode entenderse como unha irregularidade anuladora da elección.
Agora ben, se a interrupción é substancialmente superior a unha hora, deberá ser a Xunta Electoral de Zona a que valore se se reiniciar a votación ou hase de suspender.
Cando e quen suspende a votación? Interrupción da votación durante máis dunha hora ou circunstancia que faga imposible o acto da votación
A suspensión da votación deberá ordenarse pola Presidencia da Mesa nos seguintes casos:
- Interrupción superior a unha hora.
- Cando por calquera motivo sexa imposible o acto da votación.
É conveniente que antes de adoptar esta decisión, a Presidencia procure o parecer de todos os membros da Mesa e, se as circunstancias o permiten, consulte por teléfono á Xunta Electoral de Zona.
Que ocorre cando se suspende a votación?
En caso de suspensión da votación, o Presidente ou Presidenta deberá facelo constar así en escrito razoado, que deberá unirse ao expediente electoral.
Enviarase inmediatamente unha copia, en man ou por correo certificado, á Xunta Electoral de Zona, para que esta comprobe a certeza e suficiencia dos motivos e declare ou esixa as responsabilidades que resulten.
No caso de suspensión da votación, non se teñen en conta os votos xa emitidos nin se realiza o seu escrutinio. O Presidente ou Presidenta ordena inmediatamente a destrución das papeletas depositadas na urna, e fai constar este aspecto no escrito antes mencionado.
Suspendida a votación nunha Mesa electoral, a Xunta Electoral de Zona convocará novas eleccións na Mesa dentro dos dous días seguintes.
Pode votar o elector que acredite o seu dereito mediante Sentenza e non figure na listas do censo electoral?
Si. O Presidente ou Presidenta da Mesa poderá admitir o seu voto sempre que ademais acredite que o seu enderezo correspóndese coa Mesa á que va a votar.
Un elector pode ser representado por outra persoa?
Nunca. O acto de votar ten carácter persoal e intransferible. No caso dunha persoa con algún tipo de discapacidade pódese acompañar por unha persoa da súa confianza en todo o proceso, dende a elección da papeleta ata a entrega do sobre de votación ao Presidente o Presidenta da Mesa.
Que ocorre se un elector que votou por correo non consta que teña solicitado a documentación para votar por este sistema?
O voto non poderá ser aberto nin introducirse na urna, pero deberá conservarse para o caso de posibles reclamacións ou recursos.
Pódese suspender a votación dun elector que votou por correo e faleceu posteriormente?
Si, sempre e cando se presente perante a Mesa o certificado de defunción correspondente coa fin de que non sexa introducido o seu voto na urna.
Que facer en caso de que os sobres co voto por correo cheguen á Mesa no momento en que se encontran votando os interventores, ou posteriormente?
Neste caso, estes votos NON poden computarse.
Quen pode informar ao elector da forma de emitir o voto?
Os membros da Mesa son os únicos que poden facilitar esta información ao elector que o solicitar.
Pode haber policías no interior dun local electoral?
Si, cando acudan a requirimento do Presidente ou Presidenta da Mesa.
Poden ostentar os interventores e apoderados emblemas ou adhesivos dalgunha coalición ou partido?
Si, sempre que se limite unicamente a recoller as siglas do partido ou coalición.
Poden presentar reclamacións os interventores e apoderados?
Si, e deben incorporarse á acta de sesión, pero iso non significa que a Mesa participe desa reclamación.
Debe a Mesa entregar aos apoderados, aínda que non se teñan presentado no momento de constitución da Mesa, copia do acta de escrutinio?
Si, a Mesa ten a obrigación de expedirlles de forma inmediata e gratuíta unha copia da acta de escrutinio.
Debe a Mesa entregar aos representantes dos partidos unha copia da listaxe numerada de votantes?
Non, nunca, porque iso podería atentar contra os dereitos constitucionalmente protexidos dos votantes.
Poden os medios de comunicación realizar actividades informativas nos locais electorais?
Deben realizarse normalmente dende o exterior do local electoral, aínda que poden emitir imaxes do desenvolvemento da votación no interior, para o que necesitarán a credencial perante a Mesa. A gravación de imaxes non deberá en ningún caso interferir no desenvolvemento da votación.
Votos válidos, votos en branco e votos nulos
Cando un voto é válido?
Os votos depositados na urna coas esixencias legais poden ser válidos o nulos.
Se considera voto válido:
- o voto a candidatura e
- o voto en branco
Que é un voto en branco?
O voto en branco é
- Nas eleccións ao Congreso dos Deputados: o sobre que non contén papeleta e o voto emitido a favor dalgunha candidatura legalmente retirada.
- Nas eleccións ao Senado: o sobre que non contén papeleta e as papeletas que non teñan marcado ningún candidato ou candidata.
Cando un voto é nulo?
É nulo o voto emitido en sobre diferente do modelo oficial ou alterado; ou papeleta diferente do modelo oficial, alterada, rota ou rachada; así como o emitido en papeleta sen sobre; e aquel no que non se poida dilucidar a vontade do elector (por exemplo, sobre que conteña máis dunha papeleta de distintas candidaturas).
No suposto de que o sobre de votación conteña máis dunha papeleta da mesma candidatura, computarase como un só voto válido.
No caso de eleccións ao Congreso dos Deputados, serán tamén nulos: os votos emitidos en papeletas nas que se houbera modificado, engadido ou riscado nomes dos candidatos ou alterado a súa orde de colocación, así como aquelas nas que se houbera producido calquera outro tipo de alteración (como por exemplo, no símbolo da candidatura).
No caso de eleccións ao Senado serán tamén nulos os votos emitidos en papeletas nas que se houberan sinalado máis de tres nomes nas circunscricións provinciais, máis de dous nas circunscricións insulares de Gran Canaria, Mallorca e Tenerife e nas poboacións de Ceuta e Melilla, e máis dun no resto das circunscricións insulares.
Serán computados como válidos aqueles votos emitidos en papeletas que conteñan unha sinal, cruz ou aspa ao lado dalgún dos candidatos, na medida en que estas non teñan transcendencia ou entidade suficiente para considerar que con elas se teña alterado a configuración da papeleta ou se teña manifestado reproche dalgún dos candidatos ou da formación política a que pertenzan.
Quen decide sobre a validez ou nulidade dun voto?
Exclusivamente a Mesa electoral, formada polo Presidente ou Presidenta e os vogais.
Han conservarse os votos nulos da Mesa?
Si, aos efectos de posteriores reclamacións ou recursos.
É válido o voto que contén varias papeletas da mesma candidatura?
Si, porque resulta clara e inequívoca a vontade do elector. Polo contrario se as papeletas foran de distinta candidatura o voto sería nulo.
Son válidos os votos emitidos con papeletas de diferente ton, tamaño ou erros tipográficos, respecto ao modelo oficial?
Si, sempre e cando non poña en risco o segredo do voto.
Son válidos os votos emitidos con sobres de diferente ton, tamaño o erros tipográficos, respecto ao modelo oficial?
Si, sempre e cando non poña en risco o segredo do voto.
Un voto por correo que chega a través de correo ordinario, considérase válido?
Non, considérase nulo, xa que para que o voto por correo sexa válido hase de remitir obrigatoriamente por correo certificado.
É válido o voto emitido en sobre bilingüe na zona non bilingüe dunha Comunidade?
Si.
É válida unha papeleta en castelán nunha Comunidade bilingüe?
Si, porque queda clara a vontade do elector.
É válida unha papeleta na que figura un candidato que con posterioridade á súa proclamación foi excluído?
Si, considérase como voto válido, pero referido aos candidatos validamente proclamados.