Información para membros de mesa
Escrutinio e fin da xornada
Como se realiza o escrutinio ou reconto de votos nas Mesas?
Unha vez rematada a votación, comeza o escrutinio nas Mesas.
O escrutinio realízase extraendo o Presidente, un a un, os sobres da urna correspondente e lendo en alta voz a denominación da candidatura ou, en seu caso, o nome dos candidatos votados. O Presidente ensinará cada papeleta, unha vez lida, aos vogais, interventores e apoderados.
Segundo establece a normativa, en primeiro lugar efectúase o escrutinio correspondente ás eleccións ao Congreso dos Deputados e en segundo lugar, das eleccións ao Senado.
Rematado o reconto, resolveranse por maioría as posibles dúbidas e/ou protestas que puidera haber. Posteriormente, o Presidente anunciará en voz alta o resultado, especificando o número de electores censados, ou de certificacións censuais aportadas, o número de papeletas nulas, ou de votos en branco e o dos votos obtidos por cada candidatura ou candidato.
A Mesa fai públicos os resultados por medio dunha acta de escrutinio, da que dará unha copia ao representante da Administración e aos representantes de cada candidatura, aos interventores, apoderados e candidatos que o solicitaren.
Pode acceder calquera cidadán ao escrutinio da Mesa electoral?
Si, dado que é un acto público, pero as persoas que asistan carecen de voz e voto polo que non poden formular nin reclamacións nin protestas, nin interferir no normal desenvolvemento do proceso.
Calquera persoa, sexa ou non votante, ten dereito a estar presente no mencionado acto sempre que o permita o local onde está situada a Mesa. Non haberá neste sentido máis restricións que as que poda formular o Presidente ou Presidenta para a conservación da orde pública.
Como se preparan os sobres de documentación electoral e onde se entregan?
A documentación electoral distribúese en tres sobres:
- O sobre número 1: debe incluír orixinal da acta de constitución da Mesa, orixinal da acta de sesión e todos os documentos aos que se faga referencia na acta de sesión. En particular incluiranse os seguintes documentos: listaxe numerada de votantes, certificacións censuais aportadas, talóns das credenciais dos interventores, listaxe do censo electoral utilizada e as papeletas nulas ou que houberan sido obxecto de reclamación. Incluíranse tamén as solicitudes de reintegro de gastos do voto por correo, se as houber.
- Os sobres números 2 e 3: cada un deles debe incluír unha copia da acta de constitución da Mesa e unha copia da acta de sesión.
Unha vez fechados os sobres o Presidente ou Presidenta, os vogais e interventores poñerán as súas sinaturas neles cruzando as solapas.
O Presidente ou Presidenta e os vogais e interventores que o desexen, desprazaranse inmediatamente á sede do Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz, dentro de cuxa demarcación estea situada a Mesa, para facer entrega dos sobres primeiro e segundo. A Forza Pública acompañará e, se fora preciso, facilitará o desprazamento destas persoas.
O Xuíz ou Xuíza recibirá a documentación e asinará o correspondente recibo (que debe encontrarse entre a documentación da Mesa)
Un dos vogais, polo menos, debe permanecer no local electoral ata que se efectúe a entrega do sobre número 3. O Servizo de Correos enviará un empregado ou empregada á Mesa electoral, que se fará cargo do sobre e asinará o correspondente recibo (que tamén debe encontrarse entre a documentación da Mesa)
Os membros das Mesas electorais que han de desprazarse ata os Xulgados de Primeira Instancia ou de Paz para entregar a documentación electoral ao finalizar a xornada electoral poderán reclamar os gastos derivados deste desprazamento á Delegación ou Sub Delegación do Goberno.
Unha vez entregado o terceiro sobre ao empregado de Correos, finalizan as funcións d vogal que teña permanecido no local electoral.
La documentación electoral se distribuye en tres sobres:
El sobre número 1: debe incluir original del acta de constitución de la Mesa, original del acta de sesión y todos los documentos a los que se haga referencia en el acta de sesión. En particular se incluirán los siguientes documentos: lista numerada de votantes, certificaciones censales aportadas, talones de las credenciales de los interventores, lista del censo electoral utilizada y las papeletas nulas o que hubieran sido objeto de reclamación. Se incluirán también las solicitudes de reintegro de gastos del voto por correo, si las hubiera.
Los sobres números 2 y 3: cada uno de ellos debe incluir una copia del acta de constitución de la Mesa y una copia del acta de sesión.
Una vez cerrados los sobres el Presidente o Presidenta, los vocales e interventores pondrán sus firmas en ellos cruzando las solapas.
El Presidente o Presidenta y los vocales e interventores que lo deseen, se desplazarán inmediatamente a la sede del Juzgado de Primera Instancia o de Paz, dentro de cuya demarcación esté situada la Mesa, para hacer entrega de los sobres primero y segundo. La Fuerza Pública acompañará y, si fuera preciso, facilitará el desplazamiento de estas personas.
El Juez o Jueza recibirá la documentación y firmará el correspondiente recibo (que debe encontrarse entre la documentación de la Mesa)
Uno de los vocales, al menos, debe permanecer en el local electoral hasta que se efectúe la entrega del sobre número 3. El Servicio de Correos enviará un empleado o empleada a la Mesa electoral, que se hará cargo del sobre y firmará el correspondiente recibo (que también debe encontrarse entre la documentación de la Mesa)
Los miembros de las Mesas electorales que hayan de desplazarse hasta los Juzgados de Primera Instancia o de Paz para entregar la documentación electoral al finalizar la jornada electoral podrán reclamar los gastos derivados de este desplazamiento a la Delegación o Subdelegación del Gobierno.
Una vez entregado el tercer sobre al empleado de Correos, finalizan las funciones del vocal que haya permanecido en el local electoral.