Información para membros de mesa
Permisos e dietas
Os designados membros de Mesa para as eleccións do 20 de decembro, deberán cumprir coas súas obrigacións o día da votación, con independencia da xornada de traballo do día anterior.
Os traballadores por conta allea e os funcionarios nomeados membros de Mesa, teñen dereito a un permiso retribuído da xornada completa durante o día da votación, se é laborable. En todo caso teñen dereito a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.
Para facilitar o cumprimento dos deberes dos membros de Mesa, a quenda de noite que comeza o día 20 de decembro hase de computar como xornada laboral do día electoral, e o dereito de redución de 5 horas da xornada de traballo pode exercerse na quenda de noite seguinte do traballador, sempre e cando esta quenda se inicie o día inmediatamente posterior ao das eleccións do 20 de decembro.
Os membros das Mesas electorais cobrarán una dieta de 62,61€.
Se algún dos suplentes ten que desempeñar a función por ausencia do titular, terá dereito al permiso retribuído e á redución de xornada, así como á dieta. Non procederá a concesión dos mencionados dereitos se o suplente non chega a ocupar o seu posto na Mesa electoral.