Información para membros de mesa
Recurso contra a designación: Impedimentos e escusas
Os cargos de membros de Mesa son obrigatorios, e tamén o son os cargos de suplentes.
Nas eleccións do 20 de decembro, os designados dispoñerán de sete días dende a notificación para alegar perante a Xunta Electoral de Zona correspondente unha causa xustificada e documentada que lles impida aceptar o cargo. As persoas maiores de 65 años que teñan sido nomeadas poden renunciar no prazo de sete días a partir da comunicación da notificación.
A Xunta Electoral de Zona resolve as alegacións no prazo de 5 días. Contra esta resolución da Xunta Electoral de Zona non cabe recurso en vía administrativa electoral, sen prexuízo de calquera recurso xurisdicional que o interesado estime pertinente (Acordos da Xunta Electoral Central de 20 de abril, 19 de setembro e 3 de decembro de 2001). Por outra parte, o artigo 8.5 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa, recolle que corresponde coñecer aos Xulgados do Contencioso Administrativo das impugnacións contra actos das Xuntas Electorais de Zona.
Contémplase a posibilidade de recibir e enviar consultas e recursos por telefax, sempre que ademais se envíe a documentación orixinal por correo ou por calquera outro medio que permita ter constancia da recepción polo interesado (Acordo da Xunta Electoral Central de 9 de febreiro de 2000).
A condición de membro dunha Mesa electoral só se perde tras a aceptación pola Xunta Electoral de Zona da escusa alegada pola persoa designada. Ningunha outra persoa ou institución poderá decidir o cambio de esta condición.
Se posteriormente calquera dos designados non puidera acudir a desempeñar o seu cargo de membro de Mesa, debe comunicalo á Xunta Electoral de Zona polo menos 72 horas antes da xornada electoral, aportando as xustificacións pertinentes. Se a imposibilidade de acudir se producir despois dese prazo, o aviso á Xunta Electoral de Zona deberá realizarse de maneira inmediata e, en todo caso, antes da constitución da Mesa electoral (8:00 horas do día da votación). Os suplentes tamén poden alegar escusas que lles impidan formar parte da Mesa.
O cargo de membro de Mesa non pode ser desempeñado por quen se presente como candidato, nin sequera aínda que o faga en outra circunscrición. Se considera causa xustificada o ter a condición de inelixible segundo o establecido no artigo 6 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.
A persoa designada pola Administración para recibir unha copia da acta de escrutinio, a efectos de facilitar información provisoria para os resultados electorais, non poderá compatibilizar esta función coa de membro de Mesa.
O Presidente ou Presidenta e os vogais das Mesas electorais, así como os respectivos suplentes, que deixen de concorrer a desempeñar as súas funcións, as abandonen sen causa lexítima ou incumpran sen causa xustificada as obrigacións de escuso ou aviso previo, incorrerán en pena de prisión de tres meses a un ano ou multa de seis a vinte e catro meses.
Instrución 6/2011, de 28 de abril, da Xunta Electoral Centra, de interpretación do artigo 27.3 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, sobre impedimentos e escusas xustificadas para os cargos de Presidente e Vogal das Mesas Electorais
Instrución 2/2014, de 11 de decembro, da Xunta Electoral Centra, de modificación da Instrución 6/2011, de 28 de abril, de interpretación do artigo 27.3 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, sobre impedimentos e escusas xustificadas para os cargos de Presidente e Vogal das Mesas electorais