Resolva as sús dúbidas
O Congreso dos Deputados
Que é o Congreso dos Deputados?
O Congreso dos Deputados é unha das dúas Cámaras que conforman as Cortes Xerais, á que a Constitución reservou unha serie de importantes funcións e facultades.
O Congreso autoriza a formación do Goberno, pode provocar o seu cese, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as emendas ou vetos do Senado sobre estes textos lexislativos.
Cantos deputados compoñen o Congreso?
O número de deputados é de 350.
A distribución de deputados por provincias faise da seguinte maneira: A cada unha das cincuenta provincias correspóndelle un mínimo inicial de dous deputados. As cidades de Ceuta e Melilla elixen un deputado cada unha.
Os restantes 248 deputados repártense entre as cincuenta provincias en proporción á súa poboación.
O Real Decreto de convocatoria das eleccións concreta o número de deputados a elixir en cada provincia.
Como se elixe aos deputados?
Todos os deputados son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. En cada provincia, elíxense tantos deputados como correspondan, segundo o fixado no Real Decreto de convocatoria.
Os partidos políticos presentan as súas candidatos en listaxes fechadas e bloqueadas, de forma que o día das eleccións, o elector non pode seleccionar candidatos individuais ou alterar a orde das listaxes, se non que escollerá a papeleta do partido elixido introduciraa no sobre correspondente.