Resolva as sús dúbidas
Escrutinio
Como se fai o escrutinio ou reconto de votos nas Mesas?
Unha vez remata a votación, comeza o escrutinio nas Mesas.
O escrutinio realízase extraendo o Presidente, un a un, os sobres da urna correspondente e lendo en alta voz a denominación da candidatura ou, no seu caso, o nome dos candidatos votados. O Presidente ensinará cada papeleta, unha vez lida, aos vogais, interventores e apoderados.
Segundo establece a normativa, en primeiro lugar se efectúa o escrutinio correspondente ás eleccións ao Congreso dos Deputados e en segundo lugar, das eleccións ao Senado.
Terminado o reconto, resolveranse por maioría as posibles dúbidas e/o protestas que puidera haber. Posteriormente, o Presidente anunciará en voz alta o resultado, especificando o número de electores censados, ou de certificacións censuais aportadas, ou número de papeletas nulas, ou de votos en branco e o dos votos obtidos por cada candidatura ou candidato.
A Mesa fai públicos os resultados por medio dun acta de escrutinio, da que dará unha copia ao representante da Administración e aos representantes de cada candidatura, aos interventores, apoderados e candidatos que o solicitaren.
Como é posible que se coñezan os resultados tan rapidamente?
Os resultados coñécense tan rapidamente porque existe un complexo e avanzado procedemento de transmisión da información.
En cada Mesa electoral existe un representante da Administración que, unha vez concluíu o escrutinio, recibe do Presidente da Mesa unha copia da acta de escrutinio cos resultados desa Mesa e os transmite ao centro de centralización de datos do Ministerio do Interior.
- Estes resultados que se dan o día das eleccións por parte do Goberno da Nación obedecen ao cumprimento das previsións contidas no artigo 98.2 da LOREG: “O Goberno deberá dar información provisoria sobre os resultados da elección”.
- O escrutinio oficial e definitivo realízase polas Xuntas Electorais Provinciais e comeza tres días despois das eleccións.
- Os resultados oficiais son os que se publican no Boletín Oficial do Estado.
Como se leva a cabo o escrutinio definitivo?
Antes de proceder ao escrutinio definitivo, a Xunta Electoral competente se constitúe en Mesa para proceder ao reconto de votos dos residentes ausentes. Ás oito da mañá, cos Interventores que designen as candidaturas concorrentes, o Presidente procede a introducir na urna os sobres de votación dos residentes ausentes recibidos ata ese mesmo día e o Secretario anota os nomes dos votantes na listaxe. Acto seguido a Xunta escruta os votos e incorpora os resultados ao escrutinio definitivo.
O escrutinio xeral ou definitivo (art. 103 e ss. LOREG) realízase o terceiro día seguinte ao da votación pola Xunta Electoral que lle corresponda. É un acto único e ten carácter público.
O Presidente, estende a acta de constitución da Xunta asinada por el mesmo, os Vogais e o Secretario e polos representantes e apoderados das candidaturas debidamente acreditados.
A sesión de escrutinio iníciase lendo o Secretario as disposicións legais. A continuación procédese á apertura dos sobres (ou sobre número 1 coa documentación electoral correspondente a cada Mesa) que se entregaron, o día das eleccións nos Xulgados.
O Secretario dará conta dos resumes de votación de cada Mesa. Durante o escrutinio a Xunta non pode anular ningunha acta ni voto, limítase a verificar o reconto e a suma dos votos nas correspondentes Mesas segundo as actas ou as copias das actas das Mesas. Se existira erro material ou de feito, ou aritmético procederase ao seu arranxo.
O acto de escrutinio non debe interromperse e deberá concluír ao máis tardar o sexto día posterior ao das eleccións.