Resolva as sús dúbidas
Xestión electoral
Que órgano da Administración se encarga da xestión electoral?
Ao Ministerio do Interior correspóndelle a preparación e execución da política do Goberno en relación coa promoción das condicións para o exercicio dos dereitos fundamentais, nos termos establecidos na Constitución Española e nas Leis que os desenvolven.
É a Dirección Xeral de Política Interior, dependente da Subsecretaría do Ministerio do Interior, a que ten encomendadas, entre outras, as seguintes funcións:
- A xestión das competencias do Ministerio do Interior respecto aos procesos electorais e ás consultas directas ao electorado.
- O mantemento das relacións necesarias coa Administración Electoral e, en particular, coa Xunta Electoral Central.
- A xestión das relacións cos órganos competentes das Comunidades Autónomas en materia electoral.
- A coordinación coas Unidades dependentes doutros Ministerios con competencias en materia electoral.
- O rexistro e a aplicación do réxime xurídico dos Partidos Políticos.
- A xestión das subvencións estatais anuais e das subvencións por gastos electorais das formacións políticas, nos termos establecidos na lexislación vixente.
Que outros departamentos ministeriais e organismos están máis implicados na organización dunhas eleccións?
Ademais do Ministerio do Interior, participan activamente o Ministerio de Economía e Competitividade (do que depende a Oficina do Censo Electoral); o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación (para todo o relativo ao exercicio do dereito de sufraxio dos españois no exterior), e a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A. (para o exercicio do voto por correo, recollida de documentación das Mesas, etc)
Tamén o Ministerio da Presidencia, a través da Secretaria de Estado de Comunicación, desempeña importantes funcións no proceso electoral (relacións cos medios de comunicación, rodas de prensa o día das eleccións, etc.)