Resolva as sús dúbidas
As Cortes Xerais
Que eleccións se celebran o 20 de decembro?
O domingo 20 de decembro celébrarase en España eleccións a Cortes Xerais, isto é, ao Congreso dos Deputados e ao Senado.
Que son as Cortes Xerais?
A Constitución de 1978 establece que a soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado (Lexislativo, Executivo e Xudicial).
As Cortes Xerais (Congreso e Senado) ostentan o Poder Lexislativo, o Goberno representa o poder executivo e os Xuíces o poder xudicial.
Corresponde ás Cortes Xerais aprobar os orzamentos, controlar a acción do Goberno e as demais competencias que lles atribúe a Constitución.
Cantas eleccións a Cortes Xerais celebráronse en España dende a aprobación da Constitución de 1978?
Dende a aprobación da Constitución, celebráronse dez eleccións Xerais: en 1979, 1982, 1986, 1989, 1993, 1996, 2000, 2004, 2008 e 2011.
Se desexa coñecer o resultado destas eleccións pode consultar na base de datos do Ministerio do Interior
Como se convocan estas eleccións?
As eleccións a Cortes Xerais convócanse por Real Decreto, a proposta do Presidente do Goberno e previa deliberación do Consello de Ministros.
No Real Decreto de convocatoria fíxase a data de celebración das eleccións, o número de Deputados que corresponda a cada provincia, a duración da campaña electoral, a data na que se constituirán as Cámaras elixidas e a normativa aplicable ao proceso electoral.
Cando se constitúen as Cortes elixidas?
Ámbalas Cámaras reuniranse en sesión constitutiva como data límite o 14 de xaneiro de 2016.