Resolva as sús dúbidas
Sistema electoral
Como se fai a atribución de escanos entre as candidaturas?
A atribución de escanos en función dos resultados do escrutinio realízase conforme ás seguintes regras:
- Exclúese as candidaturas que non teñan obtido, polo menos, o 3% dos votos válidos emitidos en cada circunscrición (votos válidos son os votos á candidatura máis os votos en branco).
- Ordénanse de maior a menor, nunha columna, as cifras de votos obtidos polas restantes candidaturas.
- Se divido número de votos obtidos por cada candidatura por 1, 2, 3, etc., ata un número igual ao de escanos correspondentes á circunscrición.
- Os escanos atribúense ás candidaturas que obteñan os cocientes maiores, atendendo a unha orde decrecente.
- Nas circunscricións de Ceuta e Melilla será proclamado electo o candidato que maior número de votos houbese obtido.
Como se fai a designación de senadores?
A elección dos 208 senadores que se elixen mediante sufraxio universal, libre igual, directo e secreto realízase da seguinte maneira:
Os electores poden dar o seu voto a un máximo de:
- 3 candidatos nas circunscricións peninsulares.
- 2 en Gran Canaria, Mallorca, Tenerife, Ceuta e Melilla.
- 1 nas restantes circunscricións insulares.
Posteriormente, son proclamados electos aqueles candidatos que obteñan maior número de votos ata completar o de senadores asignados á circunscrición.
Como é a papeleta do Congreso dos Deputados?
A papeleta do Congreso é de cor branca, impresa por unha só cara e nela debe aparecer: denominación, sigla e símbolo do partido, federación, coalición ou agrupación de electores e os nomes e apelidos dos candidatos e suplentes.
Como é a papeleta do Senado?
A papeleta é de cor sepia, única para cada circunscrición, e común para todos os candidatos.
As candidaturas ordénanse na papeleta segundo os resultados obtidos nas anteriores eleccións, e os candidatos, dentro de cada candidatura, pola orde que libremente estableza a propia candidatura. O elector pode poñer a cruz no recadro que aparece xunto ao candidato que prefira, independentemente do lugar que ocupe dentro da candidatura.
Os electores poden dar o seu voto:
- A un máximo de 3 candidatos nas circunscricións provinciais.
- A un máximo de 2 en Gran Canaria, Mallorca, Tenerife, Ceuta e Melilla.
- A un máximo de 1 candidato nas restantes circunscricións insulares.
Os candidatos elixidos polo elector non teñen necesariamente que pertencer á mesma formación
A papeleta, segundo o número de candidatos presentados en cada circunscrición, pode ter diferentes tamaños e os candidatos poderán ir relacionados en ambas caras da papeleta (anverso e reverso)
Cando un voto se considera válido?
Os votos poden ser válidos ou nulos.
Consíderase voto válido:
- o voto á candidatura e
- o voto en branco
depositados na urna coas esixencias legais.
Que é un voto en branco?
O voto en branco é:
- Nas eleccións ao Congreso: o sobre que non contén papeleta e o voto emitido a favor dalgunha candidatura legalmente retirada.
- Nas eleccións ao Senado: o sobre que non contén papeleta e as papeletas que non teñan marcado ningún candidato ou candidata.
Cando un voto é nulo?
É nulo o voto emitido en sobre diferente do modelo oficial ou alterado; ou papeleta diferente do modelo oficial, alterada, rota ou rachada; así como o emitido en papeleta sen sobre; e aquel no que non poida dilucidarse a vontade do elector (por exemplo, sobre que conteña máis dunha papeleta de distintas candidaturas).
No suposto de que o sobre de votación conteña máis dunha papeleta da mesma candidatura, computarase como un só voto válido.
No caso de eleccións ao Congreso dos Deputados, serán tamén nulos: os votos emitidos en papeletas nas que se houbera modificado, engadido ou riscado nomes dos candidatos ou alterada a súa orde de colocación, así como aquelas nas que se houbera producido calquera outro tipo de alteración (como por exemplo, no símbolo da candidatura).
No caso de eleccións ao Senado serán tamén nulos os votos emitidos en papeletas nas que se houberan sinalado máis de tres nomes nas circunscricións provinciais, máis de dous nas circunscricións insulares de Gran Canaria, Mallorca e Tenerife e nas poboacións de Ceuta e Melilla, e máis dun no resto das circunscricións insulares.
Serán computados como válidos aqueles votos emitidos en papeletas que conteñan unha sinal, cruz ou aspa ao lado dalgún dos candidatos, na medida en que estas non teñan transcendencia ou entidade suficiente para considerar que con elas se teña alterado a configuración da papeleta ou se teña manifestado reproche dalgún dos candidatos ou da formación política á que pertenzan.