Resolva as sús dúbidas

Voto das persoas que residen permanentemente no estranxeiro (CERA)

Solicitude

Os españois que residen permanentemente no estranxeiro e que están inscritos no Censo de Residentes Ausentes no Estranxeiro (CERA), poderán votar nas eleccións a Cortes Xerais, para o que deberán solicitalo previamente.

Para formular a solicitude debe facer o seguinte:

  • Cumprimentar o impreso de solicitude que lle remitirá a Oficina do Censo Electoral, o que poderá obter da web do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación ou descargalo aquí. Non esqueza asinalo.
  • Acompañar o impreso de solicitude dun dos seguintes documentos:
    • Fotocopia do DNI.
    • Fotocopia do Pasaporte expedido polas autoridades españolas.
    • Certificación de nacionalidade (de expedición gratuíta polo Consulado ou Embaixada na que estea inscrito).
    • Certificación de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular (de expedición gratuíta polo Consulado ou Embaixada na que estea inscrito).
  • Remitilo todo o antes posible, e en todo caso non máis alá do día 21 de novembro, á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral da provincia en cuxo censo estea inscrito en España. Pode consultar os enderezos aquí.

    O envío da solicitude tamén poderá ser realizado de forma telemática, accedendo o interesado ao procedemento “Solicitude de voto CERA” publicado na Sede electrónica del INE e acreditando a súa identidade mediante un certificado electrónico recoñecido, asociado ao seu DNI. Os que non dispoñan de certificado electrónico, poderán realizar o envío da solicitude por esta mesma vía, accedendo ao procedemento coa Clave de Tramitación Telemática (CTT) que figura pre impresa na comunicación e achegando copia dun dos documentos anteriormente mencionados, podendo obter un xustificante do rexistro electrónico da presentación da solicitude.

    Orde Interior 358/2015, de 27 de febreiro pola que se modifica o anexo 6 do RD 605/1999, de 16 de abril de regulación complementaria dos procesos electorais (BOE 54 do 4/3/2015).

    Resolución de 9 de marzo de 2015, da Oficina do Censo Electoral, pola que se establece o procedemento para a solicitude de voto dos electores residentes ausentes que viven no estranxeiro (BOE 63 do 14/3/2015).

Documentación para votar

Unha vez proclamadas as candidaturas, e rematado o pazo de recursos, a Oficina do Censo Electoral enviaralle a documentación para votar.

Os envíos terán de estar realizados en todo caso antes do 8 de decembro, se ben a este pazo haberá de sumarse o tempo que tarde en chegar a documentación ao enderezo no estranxeiro.

A documentación electoral que remite a Oficina do Censo Electoral é a seguinte:

  • Unha folla informativa.
  • Papeletas e sobres de votación.
  • Dous certificados de inscrición no censo electoral ou censo de residentes ausentes
  • Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial.
  • Sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada.
  • Impreso para a devolución dos gastos do envío do voto por correo.

Como votar

O elector deberá escoller a súa opción de voto (ou non incluirá papeleta algunha se o que desexa é votar en branco):

  • Para a elección de deputados, introducirá a papeleta correspondente á candidatura elixida dentro do sobre de votación de cor banca.
  • Para a elección de senadores, marcará o/os candidatos da súa elección atendendo ás instrucións que se recollen na papeleta. Despois meterá esta papeleta no sobre de votación de cor sepia.

A continuación, introducirá no sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial o seguinte:

  • Sobres de votación coas papeletas.
  • Un dos certificados de inscrición no censo.
  • Fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas, ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular expedidas polo Consulado de España no país de residencia.

A partires de aquí, o elector pode optar por facer o seguinte con este sobre e o seu contido:

  • Depositalo persoalmente nas urnas dispostas para iso na súa Embaixada ou Consulado. O poderá facer entre os días 16 a 18 de decembro (ambos inclusive). Deberá entregar o segundo certificado de inscrición no censo ao funcionario consular.
  • Remitilo por correo certificado. Poderá facelo ata o 15 de decembro. Neste caso, deberá introducir no sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada o seguinte:

    • Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial co contido xa indicado.
    • O segundo certificado de inscrición no censo.
    • Se así o desexa, o impreso cumprimentado para a devolución dos gastos do envío.

Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha Oficina de Correos do Estado correspondente ou, no seu caso, da Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática correspondente, que certifique de modo indubidable o cumprimento dos prazos previstos.

Finalizado o prazo para o depósito do voto na urna, o funcionario consular expedirá unha acta que deberá remitir á Xunta Electoral Central e que conterá o número de certificacións de inscrición no censo recibidas, así como o número de sobres recibidos polo correo ata a finalización do depósito do voto na urna e, no seu caso, as incidencias que houberan podido producirse.

Ao día seguinte, todos os votos (recibidos por correo ou depositados na urna) deberán ser remitidos á Oficina que a eses efectos se constitúa no Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, que procederá ao seu envío urxente ás Xuntas Electorais encargadas do escrutinio.

Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.exteriores.gob.es e www.ine.es

Electores españois residentes no estranxeiro (CERA) que se encontren temporalmente en España

Se algún elector do CERA se encontrara temporalmente en España durante a convocatoria dun proceso electoral, poderá solicitar (ao igual que os residentes en territorio nacional) o voto por correo a partir da data da convocatoria e ata o día 10 de decembro, sen que iso supoña a súa baixa no CERA.

Para iso, deberá cumprimentar a solicitude dispoñible en calquera oficina do Servizo de Correos indicando expresamente a súa inscrición no censo de españois residentes no estranxeiro e dirixiraa á correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral.

O elector deberá asinar a solicitude e comprobar que o empregado de correos pon a data e o selo correspondente.

Indicará un enderezo en España onde desexe recibir a documentación. Se xa houbese enviado a documentación ao enderezo de inscrición por habelo solicitado dende o estranxeiro, enviaráselle un certificado de inscrición coa marca “DUPLICADO”.

Recibida a documentación electoral no enderezo de España que teña marcado na solicitude, o elector enviará o seu voto por correo certificado á Xunta Electoral Provincial correspondente, non máis alá do 16 de decembro.

Estes electores non poderán votar persoalmente na Mesa electoral.