Resolva as sús dúbidas

Voto das persoas que residen temporalmente no estranxeiro (erta)

Solicitude

Os electores que se enontren temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria dun proceso e a súa celebración, e desexen votar, deberán solicitalo previamente.

O impreso de solicitude poderá encontralo nos Consulados e Embaixadas, e descargalo aquí.

A solicitude cumprimentada deberá entregarse persoalmente no Consulado ou Embaixada.

Para poder formular a solicitude, o elector deberá estar inscrito no Rexistro de Matrícula Consular como non residente. Ambos trámites (solicitude e inscrición) poden realizarse no mesmo acto.

O prazo para presentar a solicitude finaliza o día 21 de novembro.

Documentación para votar

A Oficina do Censo Electoral enviaralle a documentación para votar.

Os envíos haberán de estar realizados en todo caso antes do 8 de decembro. A este prazo haberá de sumarse o tempo que tarde en chegar a documentación ao enderezo no estranxeiro.

En que consiste esta documentación electoral que remite a Oficina do Censo Electoral?

  • unha folla informativa.
  • o certificado de inscrición no censo.
  • Papeletas e sobres de votación
  • un sobre no que debe figurar o enderezo da Mesa electoral que lle corresponda.
  • un impreso oficial destinado a posibilitar o reintegro dos gastos de franqueo, no seu caso.

Como votar

O elector deberá seleccionar a súa opción de voto:

  • Para a elección de deputados, introducirá a papeleta correspondente á candidatura elixida dentro do sobre de votación de cor branca.
  • Para a elección de senadores, marcará o/os candidatos da súa elección atendendo ás instrucións que se recollen na papeleta. Despois meterá esta papeleta no sobre de votación de cor sepia.

A continuación, introducirá no sobre dirixido á Mesa electoral o seguinte:

  • Sobres de votación coas papeletas.
  • O certificado de inscrición no censo.
  • Se así o desexa, o impreso cumprimentado para a devolución dos gastos do envío.

Ten ata o día 16 de decembro, para remitir este sobre por correo certificado.

Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha Oficina de Correos do Estado correspondente, que certifique que se remitiu dentro do prazo previsto.

O servizo de Correos conservará ata o día da votación a correspondencia dirixida á Mesa e trasladaraa ás 9 da mañá e ata as 20 horas do mesmo día.

Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.exteriores.gob.es; www.ine.es.