Procedemento de votación accesible para persoas cegas ou con discapacidade visual
Real Decreto 1612/2007
Quen pode utilizar este procedemento?
As persoas cegas ou con discapacidade visual, inscritas no censo electoral, que saiban utilizar o sistema braille e que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% ou sexan afiliados á ONCE poden solicitar o kit de votación accesible que contén papeletas e sobres electorais estándar acompañados de documentación complementaria en braille.
O kit de votación accesible entregarase a cada solicitante o día das eleccións na mesa electoral na que lle corresponda votar.
A solicitude
O voto accesible solicítase cunha chamada ao teléfono gratis do Ministerio do Interior 900 150 000 entre os días 5 de marzo e 1 de abril (ambos incluídos).
Deberase facilitar o nome e apelidos do votante, domicilio, número de DNI e un teléfono de contacto.
A votación
O elector ou electora presentarase no día das eleccións na súa mesa electoral onde, previa presentación do DNI, se lle entregará o kit de votación accesible solicitado.
A utilización deste procedemento é voluntaria, así os electores cegos ou con discapacidade visual poden seguir sendo asistidas por unha persoa da súa confianza o día das eleccións.
O kit de voto accesible contén todo o necesario para garantir o dereito a voto con autonomía e en segredo:
Papeletas electorais e sobres de votación iguais aos que utiliza todo o electorado.
Documentación complementaria en braille con instrucións sobre o contido do kit e a súa utilización.
Co kit de votación accesible, estes electores ou electoras poderán dirixirse aos espazos habilitados, preto da mesa electoral, para poderen manexar alí a documentación con garantías de privacidade.
Tamén poden levar o kit fóra do local electoral e regresar máis tarde a emitir o voto.
A continuación o elector/a se dirixirase á mesa electoral onde deberá mostrar o seu documento de identificación:
DNI (non é válido o resgardo de DNI en trámite, posto que nel non aparece a fotografía).
Pasaporte.
Despois da votación recoméndase ao elector que leve consigo o kit de votación, xunto con todo o material sobrante, a fin de asegurar o segredo do voto emitido.