Voto presencial (Voto en mesa)

VOTO PRESENCIAL (VOTO EN MESA)

Cada elector ou electora recibirá da Oficina do Censo Electoral unha tarxeta censual cos datos actualizados da súa inscrición no censo electoral e da Sección e Mesa na que lle corresponde votar. A Oficina do Censo Electoral comunicaralles igualmente ás persoas afectadas as modificacións de Seccións, locais ou Mesas que se produzan.

A votación comeza ás 9 horas do día 28 de abril, aínda que os locais están abertos antes para que se poidan presentar as persoas que integran as Mesas electorais e as constitúan, verifiquen que non hai problemas co material electoral (urnas, cabinas, soportes sinalizadores, sobres, papeletas, impresos), acrediten interventores e interventoras, apoderados e apoderadas, etc.

A votación termina ás 20 horas, momento no que a Presidencia da Mesa electoral anuncia o final da votación. Con todo, se aínda quedase alguén dentro do local electoral, o Presidente ou a Presidenta da Mesa permitiralle votar.

A identificación realízase mediante:

  • Documento nacional de identidade (DNI).
  • Pasaporte (con fotografía).
  • Permiso (carné) de conducir (con fotografía).

Non importa que estes documentos estean caducados, pero deben ser os orixinais, non valen as fotocopias.

A votación remata ás 20 horas, momento no que o Presidente da Mesa electoral anuncia o final da votación. Con todo, se aínda quedase alguén dentro do local, o Presidente permitiralle votar.

A votación comeza ás 9 horas, aínda que os locais están abertos antes para que poidan presentarse as persoas que constitúan as Mesas electorais, verifiquen que non hai problemas co material electoral, acrediten interventores e interventoras, apoderados e apoderadas, etc.

Só se pode votar na Mesa electoral que corresponda a cada elector ou electora, salvo os interventores e interventoras que exercen o seu dereito de sufraxio na Mesa ante a que están acreditados se pertence á mesma circunscrición na que estean inscritos.

Cada votante achegarase á Mesa e manifestará o seu nome e apelidos á Presidencia. Os vogais, interventores e interventoras comprobarán, a través das listas do censo, a súa identidade e o seu dereito a votar. Entregará pola súa propia man á Presidencia o sobre ou sobres de votación pechados, quen sen ocultalos en ningún momento á vista do público, dirá en voz alta o nome e, engadindo “Vota”, entregaralle o sobre ou sobres de novo para que os introduza nas urnas que correspondan.

A votación remata ás 20 horas, momento no que a Mesa anuncia o final da votación. Se aínda quedase alguén dentro do local, a Mesa permitiralle votar.

A Administración do Estado ou, no seu caso, a das Comunidades Autónomas que teñan atribuídas competencias en materia laboral, previo acordo cos Delegados do Goberno respecto das persoas que traballan por conta allea, e as Administracións públicas respecto do seu persoal, adoptarán as medidas precisas para que as persoas que presten os seus servizos o día das eleccións poidan dispoñer no seu horario laboral de ata catro horas libres para o exercicio do dereito do voto, que serán retribuídas. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a correspondente redución proporcional do permiso.

En caso de persoas que por estaren a realizar funcións lonxe do seu domicilio habitual ou noutras condicións das que se deriven dificultades para exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións, as medidas precisas a adoptar irán encamiñadas a que estas persoas poidan votar por correo e conten para iso cun permiso de ata catro horas libres para poder solicitalo seguindo o procedemento establecido no artigo 72 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.

O local electoral