Como se reparten os deputados e deputadas segundo o método D'Hondt?
O método D'Hondt é o sistema que se utiliza para repartir os deputados e deputadas entre as candidaturas de forma proporcional ao número de votos obtidos.
Como exemplo, simularemos un parlamento con oito deputados a repartir entre catro candidaturas que chamaremos A, B, C e D.
En primeiro lugar ordénanse de maior a menor os resultados obtidos por cada candidatura e calcúlase a porcentaxe de votos de cada unha tendo en conta tamén os votos en branco.
Para evitar unha excesiva fragmentación da cámara, descártanse as candidaturas que non cheguen a unha porcentaxe mínima de votos. No caso das eleccións xerais este limiar é o 3% dos votos.
Constrúese unha táboa con tantas columnas como número de deputados e deputadas a distribuír, completando cada columna co número de votos de cada candidatura dividido por 1, 2, 3... ata completala.
Os deputados e deputadas asígnanse aos 8 coeficientes máis altos, en orde decrecente.
En caso de empate, o deputado ou deputada asignarase á candidatura con maior número de votos totais. Se estes tamén coinciden, asignarase por sorteo, e o resto de forma alternativa.
O reparto de deputados ou deputadas queda da seguinte forma: