• Información xeral
  • Visitas virtuais
  • Voto das persoas que residen permanentemente no estranxeiro

Voto das persoas que residen permanentemente no estranxeiro

Voto das persoas que residen permanentemente no estranxeiro

Resido fóra de España, como solicito o voto por correo?

A solicitude

Encha o impreso de solicitude (remitirallo a Oficina do Censo Electoral e tamén o pode descargar no apartado “INFORMACIÓN XERAL” desta mesma páxina web).

O envío da solicitude tamén poderá ser realizado de forma telemática, accedendo ao procedemento “Solicitude de voto CERA” publicado na sede electrónica do INE.

Acompáñeo dun dos seguintes documentos:
  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia do pasaporte expedido polas autoridades españolas.
  • Certificado de nacionalidade.
  • Certificación de inscrición no rexistro de matrícula consular.
Remitilo tan axiña como sexa posible, e en todo caso non máis tarde do día 30 de marzo, á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral da provincia en cuxo censo estea inscrito ou inscrita en España.

O procedemento

A oficina do censo electoral remitiralle:
  • Unha folla informativa
  • Papeletas e sobres de votación
  • Dous certificados de inscrición no censo electoral
  • Un sobre onde se le a dirección: “xunta electoral provincial”
  • Un sobre dirixido ao consulado ou embaixada
  • Impreso para a devolución dos gastos do envío do voto por correo.
Introduza no sobre dirixido á xunta electoral provincial:
  • Os sobres de votación coa súa opción de voto
  • Un dos certificados de inscrición no censo.
  • Fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no rexistro de matrícula consular expedidas polo consulado de España no país de residencia.
A partir de aquí pode:

Depositar este sobre persoalmente nas urnas dispostas para iso na súa embaixada ou consulado entre os días 24 e 26 de abril.

Ou ben remitir ese sobre por correo certificado (ata o 23 de abril). Neste caso, deberá introducir no sobre dirixido ao consulado ou embaixada o seguinte:
  • Sobre dirixido á xunta electoral provincial co contido xa indicado.
  • O segundo certificado de inscrición no censo.
  • Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos de envío.
Máis información na embaixada ou consulado e en:

www.infoelectoral.mir.es
www.exteriores.gob.es
www.ine.es