Se es unha persoa cega ou tes unha discapacidade visual grave e coñeces o sistema Braille, agora podes votar con plena autonomía e mediante un novo procedemento nas Eleccións Xerais e ao Parlamento de Andalucía do próximo 9 de marzo.
Se desexas utilizalo, deberás comunicalo no teléfono gratuíto 900 150 000 do Ministerio do Interior, entre o 15 de xaneiro e o 11 de febreiro. O día da votación deberás recoller a documentación na túa mesa electoral presentando o teu DNI. Esta documentación incluirá a información necesaria en Braille.
Encontrarás toda a información no 900 150 000 e en www.mir.es
Xa podes exercer o teu dereito ao voto con autonomía e sen obstáculos.