Votación accesible para persoas cegas ou con problemas graves, coñecendo o sistema Braille
O 26 de maio é día de eleccións.
Se es unha persoa cega ou tes unha discapacidade visual grave e coñeces o sistema braille, podes votar con plena autonomía nas eleccións ao Parlamento Europeo e autonómicas.
Comunícao no teléfono gratuíto 900 150 000 entre o 2 e o 29 de abril.
O día da votación poderás recoller a documentación na túa mesa electoral presentando o teu DNI. Esta documentación incluirá a información necesaria en braille.
Ministerio do Interior. Goberno de España.