Votación
Cada elector ou electora recibirá da Oficina do Censo Electoral unha tarxeta censual cos datos actualizados da súa inscrición no censo electoral e da Sección e Mesa na que lles corresponde votar. A Oficina do Censo Electoral comunicará igualmente ás persoas afectadas as modificacións de Seccións, locais ou Mesas que teñan podido producirse.
A votación comeza ás 9 horas do día 26 de maio, aínda que os locais están abertos antes para que poidan presentarse as persoas que constitúan as Mesas electorais e verifiquen que non hai problemas co material electoral (urnas, cabinas, soportes marcadores, sobres, papeletas, impresos…), acrediten a interventores e interventoras, apoderados e apoderadas etc.
A votación remata ás 20 horas, momento en que a Presidencia da Mesa electoral anuncia o final da votación. Así e todo, fican no local electoral, ou no acceso ao mesmo, persoas que aínda non houbesen votado, a Mesa deixaralles votar, e non permitirá que o faga ninguén máis.
Realízase mediante:
- Documento Nacional de Identidade (DNI).
- Pasaporte (con fotografía).
- Permiso (carné) de conducir (con fotografía).
- Tarxeta de residencia, no caso de cidadáns e cidadás da Unión Europea que a teñan.
- Tarxeta de identidade, se se tratar de persoas estranxeiras nacionais de países cos que España teña subscrito un tratado de reciprocidade para o recoñecemento do dereito de sufraxio nas eleccións Locais.
Os mencionados documentos poden ser españois ou emitidos polo país de orixe, sempre que inclúan a fotografía da persoa titular. Non importa que estean caducados, pero deben ser os orixinais, non valen fotocopias.
A votación comeza ás 9 horas, aínda que os locais están abertos antes para que poidan presentarse as persoas que constitúan as Mesas electorais, verifiquen que non hai problemas co material electoral, acrediten a interventores e interventoras, apoderados e apoderadas etc.
Só se pode votar na Mesa electoral que corresponda a cada elector ou electora, agás os interventores e interventoras que exercen o seu dereito de sufraxio na Mesa perante a que están acreditados se pertence á mesma circunscrición na que están inscritos.
Cada votante achegarase á Mesa e manifestará o seu nome e apelidos á Presidencia. Vogais e interventores e interventoras, comprobarán, a través das listas do censo, a súa identidade e o dereito a votar. Entregará pola súa propia man á Presidencia o sobre ou sobres de votación fechados, quen sen ocultalos en ningún momento á vista do público dirá en voz alta o nome e, engadindo “Vota”, entregaralle de novo o sobre ou sobres para que os introduza nas urnas que correspondan.
A votación remata ás 20 horas, momento no que a Mesa anuncia o final da votación. Así e todo, se aínda queda alguén dentro do local, a Mesa permitiralles votar.
A Administración do Estado ou, no seu caso, a das Comunidades Autónomas que teñan atribuídas competencias en materia laboral, previo acordo cos Delegados e Delegadas do Goberno respecto ao persoal que traballa por conta allea, e as Administracións públicas respecto ao seu persoal, adoptarán as medidas precisas para que o persoal que presta os seus servizos o día das eleccións poida dispoñer no seu horario laboral de até catro horas libres para o exercicio do dereito do voto, que serán retribuídas. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a correspondente redución proporcional do permiso.
En caso de persoas que por estaren a realizar funcións lonxe do seu domicilio habitual ou noutras condicións das que se deriven dificultades para exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións, as medidas precisas a adoptar irán encamiñadas a que estas persoas poidan votar por correo e conten para iso co permiso de até catro horas libres para poder solicitalo seguindo o procedemento establecido no artigo 72 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.
As papeletas para estes procesos deben conter a denominación, sigla e símbolo do partido, federación, coalición ou agrupación de electores que presente candidatura. Ademais, deben incluír a lista completa de nomes e apelidos dos candidatos e candidatas, no seu caso, dos e das suplentes que compoñen a candidatura.
A cor das papeletas e os sobres de cada elección será o seguinte:
- Eleccións ao Parlamento Europeo: cor azul clara.
- Eleccións Municipais: cor branca.
- Eleccións Autonómicas: color sepia, agás que a Comunidade Autónoma teña disposto outra cor.
Onde haxa eleccións a Entidades Locais de Ámbito Territorial Inferior ao Municipio as papeletas e sobres para esta elección serán de cor verde clara.
Para as eleccións a Consellos Insulares de Mallorca, Menorca e Ibiza a cor das papeletas e sobres será gris.