Se es unha persoa cega ou tes unha discapacidade visual grave e coñeces o sistema Braille, podes votar, con plena autonomía mediante un procedemento de voto accesible, nas Eleccións ao Parlamento Europeo do vindeiro 7 de xuño.
Se desexas utilizalo, deberás comunicalo no teléfono gratuíto 900 150 000 do Ministerio do Interior, entre o 14 de abril e o 11 de maio. O día da votación deberás recoller a documentación na túa mesa electoral presentando o teu DNI. Esta documentación incluirá a información necesaria en Braille.
Atoparás toda a información no 900 150 000 e en www.mir.es.
Podes exercer o teu dereito ao voto con autonomía e sen atrancos.