Resido fóra de España, como solicito o voto por correo?
A solicitude
Encha o impreso de solicitude (remitirallo a Oficina do Censo Electoral e tamén o pode descargar no apartado “INFORMACIÓN XERAL” desta mesma páxina web).
Non será necesario formular a solicitude se xa o fixo nas Eleccións Xerais de abril e non cambiou a súa situación dende entón.
O envío da solicitude tamén poderá ser realizado de forma telemática, accedendo ao procedemento “Solicitude de voto CERA” publicado na sede electrónica do INE.
Acompáñeo dun dos seguintes documentos:
Remitilo tan axiña como sexa posible, e en todo caso non máis tarde do día 19 de outubro, á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral da provincia en cuxo censo estea inscrito ou inscrita en España.
O procedemento
A oficina do censo electoral remitiralle:
Introduza no sobre dirixido á xunta electoral provincial:
A partir de aquí pode:
Depositar este sobre persoalmente nas urnas dispostas para iso na súa embaixada ou consulado entre os días 6 e 8 de novembro.
Ou ben remitir ese sobre por correo certificado (ata o 5 de novembro). Neste caso, deberá introducir no sobre dirixido ao consulado ou embaixada o seguinte:
Máis información na embaixada ou consulado e en:
www.infoelectoral.mir.es