Toda persoa poderá exercer o seu dereito de sufraxio activo, consciente, libre e voluntariamente, calquera que sexa a súa forma de comunicalo e cos medios de apoio que requira (artigo 3.2. da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral)
A Administración debe celar polo respecto ao dereito á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade no acceso aos locais e ás Mesas electorais, e pola súa non discriminación (artigo 2 do Regulamento sobre as condicións básicas para a participación das persoas con discapacidade na vida política e nos procesos electorais).
A accesibilidade dos procesos electorais ten dúas vertentes: accesibilidade para as persoas que acoden ao local electoral a votar e accesibilidade para as persoas designadas para formaren parte das Mesas electorais.
Instrución XEC 7/2019, do 18 de marzoA solicitude de voto por correo, no caso de que un elector ou unha electora non poida presentar a devandita solicitude de maneira persoal na Oficina de Correos por mor dunha doenza ou discapacidade (que se deberá acreditar por medio de certificación médica oficial e gratuíta) pódea efectuar no seu nome outra persoa autorizada, de forma notarial ou consularmente, mediante documento que se facilitará individualmente en relación con cada elector ou electora e sen que no mesmo se poidan incluír varios electores ou electoras, nin que unha mesa persoa represente máis dun elector ou electora.
A Xunta Electoral competente comprobará en cada caso a concorrencia de todas estas circunstancias.
O procedemento é como segue:
As persoas interesadas débense pór en contacto cun Notario que actuará, de xeito gratuíto (Consello Xeral do Notariado) e entregaranlle o certificado médico oficial e gratuíto ao que se refire o artigo 72.c) da LOREG.
O Notario achegarase ao domicilio do elector ou da electora, ben sexa un hospital, unha residencia de maiores ou o fogar dun ou dunha familiar. Posteriormente, seguirase o mesmo procedemento que para o voto por correo ordinario.
Isto é: A persoa que o/a representa poderá ir (dentro do prazo para a solicitude do voto por correo: do 24 de setembro ata o 21 de outubro) persoalmente, co seu D.N.I. e o poder notarial, a calquera Oficina de Correos e solicitará o impreso para votar por correo.
Os servizos de Correos remitirán toda a documentación á Oficina do Censo Electoral, que anota nas Listas do Censo que se solicitou votar por correo -de xeito que XA NON PODERÁ VOTAR PERSOALMENTE- e envía a seguinte documentación á persoa apoderada por correo certificado, ao enderezo que se lle indicara ou, no seu defecto, ao que figure no Censo:
Esta documentación tamén a debe recoller de forma presencial a persoa que o/a representa, previa acreditación da súa identidade. Se non estivese no seu domicilio, terá que ir persoalmente a recollela á Oficina de Correos correspondente.
As persoas cegas ou cunha discapacidade visual grave que estean inscritas no Censo Electoral que saiban utilizar o idioma braille e teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento ou estean afiliadas á Organización Nacional de Cegos Españois poden solicitar o maletín/kit de votación accesible que se lles entregará na Mesa electoral o día da xornada electoral para as Eleccións ás Cortes Xerais 2019 o domingo 10 de novembro.
O procedemento de votación accesible consiste na entrega, na Mesa electoral o día das eleccións, ás persoas cegas ou cunha discapacidade visual que o solicitaran dentro do prazo, dun maletín/kit de votación accesible que contén: papeletas e sobres de votación normalizados (é dicir, sobres e papeletas idénticos aos que empregan o resto de electores e electoras) e unha documentación complementaria en braille (guía explicativa en braille, adhesivos en braille e tinta que identifican contidos…) que permite á persoa cega ou con discapacidade visual usuaria de braille identificar a opción de voto desexada con plena autonomía e coa garantía do segredo do sufraxio.
IMPORTANTE: Ao se tratar dunha votación presencial na Mesa electoral, o procedemento de votación accesible é incompatible co procedemento de voto por correo. A normativa electoral determina que ao solicitar o voto por correo xa non se pode exercer o voto de xeito presencial na Mesa electoral...
As persoas con discapacidade visual que queiran utilizar o procedemento de votación accesible nas Eleccións a Cortes Xerais deben chamar ao teléfono gratuíto do Ministerio do Interior 900 150 000, no que se recibirán as chamadas de solicitude do procedemento de votación accesible dende o día 24 de setembro ata o día 21 de outubro, L-V de 09:00 a 17:30 e sábados de 09:00 a 14:00.
As persoas que soliciten o procedemento de votación accesible deberán achegar os seguintes datos, dentro do prazo establecido e a través do teléfono gratuíto do Ministerio do Interior 900 150 000:
Ademais, deberán manifestar que cumpren cos seguintes requisitos:
A Administración poderá requirir en calquera momento a verificación destes datos.
a) Material de votación estándar ou normalizado.
b) Documentación complementaria en braille.
O sobre grande irá identificado cunha etiqueta que terá o seguinte texto impreso en tinta e rotulado en braille: “Eleccións ao Congreso dos Deputados”
Cada un dos sobres de tamaño cuartilla antes citados conterá a papeleta normalizada de votación correspondente a unha candidatura proclamada. A fin de que o elector ou a electora poida coñecer o contido de cada sobre, pegarase en cada un deles unha etiqueta que, en braille e tamén en tinta, especificará o nome e as siglas da candidatura cuxa papeleta estea dentro do sobre.
Os textos en braille incluídos no maletín/kit de voto accesible son supervisados pola Comisión Braille Española, que emitirá os correspondentes certificados, e a Administración Electoral (Xuntas Electorais e Mesas electorais) supervisan o correcto funcionamento do procedemento de voto accesible.