• Información xeral
  • Visitas virtuais
  • Voto das persoas que residen temporalmente no estranxeiro (ERTA)

Voto das persoas que residen temporalmente no estranxeiro (ERTA)

Voto das persoas que residen temporalmente no estranxeiro (ERTA)

Quero votar, pero estarei no estranxeiro de maneira temporal nas próximas eleccións


A solicitude
Os electores ou electoras que se atopen temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria dun proceso e a súa celebración e desexen exercer o seu dereito de sufraxio poden facelo seguindo un procedemento específico.

Encha o impreso de solicitude, que atopará no consulado xeral ou a embaixada, o ben no apartado “INFORMACIÓN XERAL” desta mesma páxina web.

O impreso debe presentarse persoalmente no consulado ou embaixada.

O prazo para presentar a solicitude remata o día 19 de outubro.

Para poder formular a solicitude deberá estar inscrito/a no rexistro de matrícula consular como non residente.

Ambos os trámites (solicitude e inscrición) poden realizarse no mesmo acto.

O procedemento

A oficina do censo electoral remitiralle:
  • Unha folla informativa.
  • Papeletas e sobres de votación para cada proceso electoral.
  • O certificado de inscrición no censo electoral.
  • Un sobre dirixido á mesa electoral que lle corresponda.
  • Impreso para a devolución dos gastos de envío do voto por correo.
Debe introducir no sobre dirixido á mesa electoral:
  • O sobre ou sobres de votación coa súa opción de voto.
  • O certificado de inscrición no censo.
  • Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos de envío.
Envíe o sobre por correo certificado; pódeo facer ata o 6 de novembro.

Para a validez destes votos será indispensable que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial da oficina de correos do Estado correspondente, que certifique que se remitiu dentro do prazo previsto.

Máis información na embaixada ou consulado e en:

www.infoelectoral.mir.es
www.exteriores.gob.es
www.ine.es