POR RESULTADOS ELECTORAIS
 
O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior a:
- A cifra de gastos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas.
- A cifra resultante de multiplicar por 0,37 euros o número de habitantes correspondente á poboación de dereito das circunscricións onde presente as súas candidaturas cada partido, federación, coalición ou agrupación de electores.
POR ENVÍOS ELECTORAIS
 
O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior:
- Á cifra de gastos por envíos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas.
- 0,18 euros por número de electores aos que se efectuou o envío de propaganda.
- Débese xustificar a realización efectiva da actividade, é dicir da remisión dos envíos.
MODIFICACIÓNS DA L.O. 8/2007 POLA L.O. 3/2015 QUE AFECTAN O LÍMITE MÁXIMO DE GASTOS REGULADO NA L.O. 5/1985.
 
ARTIGO 17. INFRACCIÓNS E 17 BIS SANCIÓNS
MOI GRAVE:
- A superación polos partidos políticos, nun 10% ou máis, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da devandita Lei.
SANCIÓN:
- Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido.
- A sanción non será inferior a 50.000,00 euros.
GRAVE:
- A superación polos partidos políticos, en máis dun 3% e en menos dun 10%, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da devandita Lei.
SANCIÓN:
- Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido.
- A sanción non será inferior a 25.000,00 euros.
-
LEVE:
- A superación polos partidos políticos, en máis dun 1% e en menos dun 3%, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da devandita Lei.
SANCIÓN:
- Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido.
- A sanción non será inferior a 5.000,00 euros.