O prazo para votar por correo prolongarase ata o 26 de abril ás 14:00.
Impreso de solicitude de voto por correo: Galego, Castellano, Català, Euskera, Valencià
Unha vez convocadas as eleccións, e ata o día 18 de abril, data na que finaliza o prazo para solicitar o voto por correo, poderase acudir a calquera oficina de Correos e solicitar o impreso para votar por correo.
Debidamente cuberto, entregarao persoalmente en calquera oficina de Correos e acreditará a súa identificación ante a persoa da devandita oficina coa presentación do seu DNI, pasaporte ou carné de conducir (xa que inclúen fotografía do titular e firma; en ningún caso fotocopia), que así llo requirirá para a comprobación da súa firma.
Lémbrese: o prazo para poder solicitar o voto por correo remata o día 18 de abril.
Os servizos de Correos remiten a solicitude debidamente cuberta á Oficina do Censo Electoral, que fai a anotación correspondente nas listas do censo. Por tanto, a persoa que solicita o voto por correo, unha vez foi admitida a súa solicitude, XA NON PODE VOTAR PERSOALMENTE.
A continuación a Oficina do Censo Electoral envía por correo certificado ao domicilio indicado polo elector no impreso de solicitude un sobre coa seguinte documentación:
Esta documentación tamén a debe recoller a persoa que o solicitou, logo da acreditación da súa identidade. Se non estivese no seu domicilio, terá que ir persoalmente a recollela á Oficina de Correos correspondente.
O elector ou a electora deberá seleccionar a súa opción de voto:
A continuación, introducirá no sobre dirixido á Mesa electoral o seguinte:
Ten ata o día 24 de abril para remitir este sobre por correo certificado. Este envío é gratuíto para o elector, xa que será o Ministerio do Interior a través do orzamento electoral quen se fará cargo de compensar ao operador postal por estes envíos.
Debe terse en conta que non é necesario que o elector acuda persoalmente á Oficina de Correos a certificar o sobre de votación, senón que poderá facelo outra persoa no seu nome (Acordo XEC 10 maio 1995).
O Servizo de Correos conservará ata o día da votación toda a correspondencia dirixida ás Mesas electorais e trasladaraa ás devanditas Mesas ás nove da mañá.
Así mesmo, seguirá trasladando a que se reciba no devandito día, ata as vinte horas. O Servizo de Correos levará un rexistro de toda a documentación recibida, que estará a disposición das Xuntas Electorais.
Os sobres recibidos despois das vinte horas do día fixado para a votación remitiranse á Xunta Electoral de Zona (e serán destruídos).
O 28 de abril, ás 20 horas, unha vez que votase o último elector na Mesa electoral, procederase a introducir na urna respectiva os sobres que conteñan as papeletas do voto remitidos por correo.
Para iso, deben seguirse os seguintes pasos: