Tramitación das subvencións por gastos electorais
-
SOLICITUD
Se solicitará por los Administradores electorales entre el 23 y el 25 de abril:
- Ante las Juntas Electorales Provinciales, si la candidatura no concurre en más de una provincia.
- Ante la Junta Electoral Central, si la candidatura concurre en más de una provincia.
-
CONCESIÓN
El adelanto se pondrá a disposición de los Administradores electorales a partir del día 1 de mayo, por parte de la Dirección General de Política Interior, siempre que:
- Las Juntas Electorales trasladen las solicitudes efectuadas por los Administradores de las entidades políticas a la citada Dirección General.
- Se comunique la cuenta corriente electoral mediante el modelo de la Secretaría General del Tesoro y Política Financiera denominado Designación de cuenta bancaria y comunicación de la baja de datos bancarios que acredite los veinte cuatro dígitos del Código Internacional de cuenta Bancaria (Código IBAN) a la ya mencionada Dirección General. El titular de la cuenta y que debe aparecer como acreedor en el modelo indicado es el Administrador electoral.
- Se comuniquen los datos identificativos del Administrador electoral autorizando a la Dirección General de Política Interior para que sus datos sean consultados a través del Sistema de Verificación de Datos de Identidad, si bien se puede sustituir dicha autorización por la fotocopia del Documento Nacional de Identidad.
Se concederán anticipos tanto por resultados como por envíos electorales, a los partidos, federaciones y coaliciones que hubieren percibido subvenciones por gastos electorales en las últimas elecciones al parlamento europeo celebradas en el año 2014. No tienen derecho a este anticipo las agrupaciones de electores.
- SOLICITUDE.
Solicitarase polos Administradores electorais entre o 23 e o 25 de abril:
- Perante as Xuntas Electorais Provinciais, se a candidatura non concorre en máis dunha provincia.
- Perante a Xunta Electoral Central, se a candidatura concorre en máis dunha provincia.
- CONCESIÓN
O adianto poñerase a disposición dos Administradores electorais a partir do día 1 de maio, por parte da Dirección Xeral de Política Interior, sempre que:
- As Xuntas Electorais trasladen as solicitudes efectuadas polos Administradores das entidades políticas á citada Dirección Xeral.
- Comuníquese a conta corrente electoral mediante o modelo da Secretaría Xeral do Tesouro e Política Financeira denominado Designación de conta bancaria e comunicación da baixa de datos bancarios que acredite os vintecatro díxitos do Código Internacional de conta Bancaria (Código IBAN) á xa mencionada Dirección Xeral. O Administrador electoral é o titular da conta e debe aparecer como acredor no modelo indicado .
- Comuníquense os datos identificadores do Administrador electoral autorizando á Dirección Xeral de Política Interior para que os seus datos sexan consultados a través do Sistema de Verificación de Datos de Identidade, se ben se pode substituír a citada autorización pola fotocopia do Documento Nacional de Identidade.
Concederanse anticipos tanto por resultados como por envíos electorais, aos partidos, federacións e coalicións que tiveren percibido subvencións por gastos electorais nas últimas eleccións ao parlamento europeo celebradas no ano 2014. Non teñen dereito a este anticipo as agrupacións de electores.
REQUISITOS:
- Ter obtido Deputados electos.
- Presentar perante o Tribunal de Contas a contabilidade dos gastos efectuados na campaña electoral das eleccións ao Parlamento Europeo, entre os 100 e 125 días seguintes ao día 26 de maio (entre o 3 e o 28 de setembro do ano 2019). A mencionada presentación procederá tanto se a formación obtivo algún candidato electo, como se non o consegue pero percibiu o anticipo do 30%.
- Constitución dunha garantía polo 10% do anticipo do 90% a percibir (aval bancario ou depósito en metálico consignado nas Caixas de Depósito). O prazo para xustificar a interposición da garantía é dun mes, tras a notificación da cuantificación do anticipo do 90% remitida aos Administradores electorais por parte da Dirección Xeral de Política Interior. Se non se efectúa o depósito do 10%, tramítase a subvención retendo o mencionado importe porcentaxe da cuantificación realizada, polo que se efectuaría un pagamento do 81%.
- Certificación expedida polo órgano correspondente que acredite a adquisición polos electos da condición plena de membro do Parlamento Europeo e o exercicio efectivo do cargo para o que foi elixido, se así o acorda a Administración Electoral. (Se non se acorda non é necesario)
- Non procederá a concesión deste adianto cando nunha entidade política figuren persoas condenadas por sentenza, aínda que non sexa firme, por delictos de rebelión, de terrorismo, contra a Administración Pública ou contra as Institucións do Estado, cando a mesma teña establecido a pena de inhabilitación para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo, de inhabilitación absoluta ou especial, ou de suspensión para emprego ou cargo público nos termos previstos na lexislación penal.
REQUISITOS:
- O Tribunal de Contas fiscaliza as contabilidades electorais e eleva o correspondente Informe á Comisión Mixta para as relacións co Tribunal de Contas.
- A citada comisión dita a Resolución pertinente que se publica no Boletín Oficial do Estado.
- Unha vez publicada a Resolución da Comisión Mixta no Boletín Oficial do Estado, a Dirección Xeral de Política Interior dita as oportunas resolucións cos importes finais e definitivos que corresponden ás entidades políticas.