Comunicación telemática coa administración
O artigo 14.2. da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, dispón que están obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, entre outros os seguintes suxeitos:
- As persoas xurídicas (partidos políticos e federacións de partidos).
- As entidades sen personalidade xurídica (coalicións e agrupacións de electores)
- Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración (Administradores de formacións políticas).
Por iso, deben ter un certificado electrónico da formación política, ou no seu caso obtelo, para poder comunicarse electronicamente coas Administracións Públicas. Pode consultar a forma de obter un certificado a través da páxina web seguinte: https://www.sede.fnmt.gob.es
As comunicacións remitidas pola Dirección Xeral de Política Interior realizaranse por vía telemática a través do Cartafol Cidadán, polo que deixarán de enviarse comunicacións en papel. O Cartafol Cidadán é un portal web que lle permite, dunha forma sinxela e sen ter que rexistrarse, coñecer os asuntos que sexan do seu interese en relación coas Administracións Públicas, por exemplo, o estado dos seus expedientes ou as notificacións e comunicacións que reciba. Pode acceder á mesma a través do seguinte enlace: https://sede.administracion.gob.es/carpeta/clave.htm
Ademais, deben remitir a esta Dirección Xeral de Política Interior copia da Tarxeta de Identificación Fiscal desa formación, así como un correo electrónico de contacto ao que lle chegará información relativa ás notificacións. Tal información, e en base á obrigación de remisión de documentación por medios telemáticos, terá que presentarse por Rexistro electrónico, facendo uso de calquera das dúas opcións:
- Rexistro Electrónico Común, accedendo á seguinte enderezo: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
- Rexistro Electrónico do Ministerio do Interior, accedendo á seguinte enderezo: https://sede.mir.gob.es/procedimientos/formulario_generico
En ambos casos, é necesario dispoñer de certificado dixital para presentar a documentación.