O percorrido do teu voto
O percorrido do teu voto
Sabes que ocorrerá co teu voto o día 26 de maio?
Nesta breve guía explicámoscho.
A mesa electoral:
O día das Eleccións, os electores e electoras poden votar presencialmente na Mesa que lles corresponda, entre as nove da mañá e as oito da tarde.
Ás oito da tarde, o Presidente ou Presidenta da Mesa electoral anuncia en voz alta que vai terminar a votación e, a continuación:
- Permitirá votar ás persoas que estean dentro do local electoral ou no seu acceso.
- Introducirá na urna os sobres de votación remitidos por correo.
- Votará o Presidente ou Presidenta, os e as vocais e os interventores e as interventoras acreditadas ante esa Mesa electoral, e non se permitirá que vote ninguén máis.
O escrutinio dos votos
Termina a votación e comeza o escrutinio dos votos que levará a orde seguinte
- Eleccións ao Parlamento Europeo.
- Eleccións Municipais.
- Eleccións a Entidades de Ámbito Territorial Inferior ao Municipio, se é o caso.
- Eleccións Autonómicas.
- O Presidente ou Presidenta abre a urna correspondente a cada proceso e vai sacando os sobres de un en un:
- Le en voz alta a candidatura votada.
- Mostra a papeleta a vocais, apoderados e apoderadas e a interventores e interventoras.
- Recóntase o número de votos obtidos por cada candidatura e o presidente anuncia:
- Número de electores e electoras censadas
- Número de votantes.
- Número de votos nulos.
- Número de votos en branco.
- Número de votos por candidatura.
- Resólvense posibles protestas e reclamacións.
- Destrúense tódalas papeletas de votación, agás:
- as consideradas coma votos nulos
- as que foron obxecto dalgunha reclamación
Estas papeletas asinaranse e incluiranse na documentación electoral que a Mesa debe entregar no Xulgado de 1.ª Instancia ou de Paz.
- Esténdese a acta de escrutinio e con ela faise o seguinte:
O orixinal colócase á entrada do local electoral
Entrégase unha copia a:
- Representante da Administración
- Representantes das candidaturas
- Apoderados e apoderadas
- Interventores e interventoras
- Esténdese a acta da sesión e repártense copias aos representantes das candidaturas, apoderados e apoderadas e interventores e interventoras que as soliciten.
O destino final da documentación electoral.
- A documentación electoral distribúese en 3 sobres: haberá un xogo de tres sobres para cada proceso que se celebre:
- Sobre número 1 de cada proceso celebrado:
- Orixinal da acta de constitución da Mesa (a incluír nas eleccións Municipais; no resto incluiranse as copias)
- Orixinal da acta da sesión do proceso que corresponda
- Documentos aos que se fai referencia na acta de sesión: listas do censo electoral, lista numerada de votantes, papeletas nulas e obxecto de protesta...
- Sobres números 2 e 3 de cada proceso celebrado:
- Copia da acta de constitución da Mesa
- Copia das actas da sesión
- Sobre número 1 de cada proceso celebrado:
- Entrega de sobres aos seus destinatarios:
- Sobres números 1 e 2
- A Presidencia, vocais e interventores e interventoras que o desexen, deben entregar os sobres 1 e 2 no Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz en cuxa circunscrición se atope a Mesa
- As Forzas e Corpos de Seguridade acompañarán e, si fose necesario, facilitarán o desprazamento destas persoas.
- O Xuíz ou Xuíza recibirá a documentación e asinará o correspondente recibo.
Unha vez entregados os sobres 1 e 2 finalizan as funcións das persoas que forman parte da mesa que acudiron ao xulgado
- Sobre número 3
- O sobre número 3 será entregado por un vocal da Mesa electoral ao empregado ou empregada de Correos que acudirá á Mesa para recollelo.
- Unha vez entregado este sobre finalizan as funcións do vocal que permanecera no local electoral para estes efectos.
- Sobres números 1 e 2