Ministerio del Interior

Elecciones 2019

O método D'Hont

O método d´Hont

É o sistema que se utiliza para repartir os escanos ou concelleiros entre as candidaturas de maneira proporcional ao número de votos recibidos.

Para mostrar un exemplo simple, imos imaxinar un parlamento ou un concello de 8 escanos ou concelleiros, a repartir entre 5 candidaturas que chamaremos A, B, C, D e E.

En primeiro lugar ordenamos os resultados electorais de maior a menor e calculamos a porcentaxe de cada un sobre o total de votos válidos, tendo en conta os votos en branco.

Nas eleccións locais descártanse as candidaturas que non alcancen unha porcentaxe mínima, o 5%. A porcentaxe mínima evita unha excesiva fragmentación e dá maior representación ás candidaturas con máis respaldo nas urnas.

Construímos unha táboa con tantas columnas coma número de escanos ou concelleiros a distribuír.

Enchemos a táboa dividindo os votos de cada candidatura entre 1, 2, 3, 4... sucesivamente ata completar os 8 escanos ou concelleiros a repartir.

Os escanos ou concelleiros adxudícanse a cada un dos 8 cocientes maiores en orde decrecente.

No caso de que 2 cocientes coincidan, o escano ou concelleiro asignarase á candidatura que obteña maior número de votos totais. Se estes tamén coinciden, o escano ou concelleiro asignarase por sorteo, e os sucesivos de maneira alternativa.