Ministerio del Interior

Elecciones 2019

Quen fai que

A organización dun proceso electoral esixe o traballo coordinado de moitas persoas nun período moi breve de tempo.

De forma moi xeral, e segundo a función que teñen encomendada, podemos distinguir os grupos seguintes:

1.  Órganos que velan pola transparencia do proceso electoral:

A Administración Electoral vea pola transparencia e obxectividade do proceso electoral e do principio de igualdade. Está composta polas Xuntas Electorais e as Mesas electorais.

1.1 Xunta Electoral Central (XEC)

A Xunta Electoral Central é o órgano superior da Administración Electoral e é o único permanente dela, que ten entre outras competencias:

Dirixir e supervisar a actuación da Oficina do Censo Electoral.

Cursar instrucións ás Xuntas Electorais Provinciais e resolver as súas consultas, unificando criterios.

Resolver as queixas, reclamacións e recursos que lle dirixan.

Velar polo cumprimento das normas relativas ás contas e aos gastos electorais por parte das candidaturas.

Exercer a potestade disciplinaria sobre tódalas persoas que interveñan con carácter oficial nas operacións electorais.

Aprobar, a proposta da Administración do Estado ou da Administración das Comunidades Autónomas, os modelos de actas, etc.

Está composta por 13 membros (Maxistrados do Tribunal Supremo e catedráticos de Dereito ou de Ciencias Políticas e de Socioloxía, en activo).

1.2 Xuntas Electorais Provinciais (XEP) e Xuntas Electorais de Zona (XEZ)

As XEP e XEZ constitúense para cada proceso electoral, e compóñense de cinco membros.

Correspóndelles, dentro do seu ámbito territorial, resolver as queixas e reclamacións que lles dirixan de acordo coa LOREG.

Existe unha XEP en cada provincia.

Nas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, as Xuntas Electorais de Zona acumulan as funcións das XEP.

As XEZ existen en cada partido xudicial e garanten a existencia en cada Mesa electoral dos medios necesarios para que poidan celebrarse as eleccións convocadas.

Para as Eleccións ao Parlamento Europeo a Xunta Electoral competente en relación coa presentación e proclamación de candidatos e candidatas é a Xunta Electoral Central.

Para as Eleccións Locais as Xuntas Electorais competentes en relación coa presentación e proclamación de candidatos e candidatas son as Xuntas Electorais de Zona.

1.3 Mesas electorais

Constitúense só para o día das eleccións.

Están formadas por cidadáns e cidadás que se elixen por sorteo entre as persoas censadas na sección correspondente.

A Mesa é única aínda que coincida a celebración de varias eleccións.

Cada Mesa esta composta por 1 Presidente ou Presidenta e 2 Vocais.

Correspóndelle á Mesa, entre outras funcións:

Comprobar que o local electoral reúne as condicións necesarias para poder celebrar o acto de votación e observar se o material electoral mostra algunha deficiencia.

Presidir a votación e facer gardar a orde no local electoral para que se desenvolva sen ningún tipo de incidentes.

O inicio e peche da votación así como o escrutinio e finalmente a entrega da documentación electoral ao Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz e a Correos.

2.  Órganos encargados da xestión electoral:

2.1. Ministerio do Interior. Dirección Xeral de Política Interior:

Á Dirección Xeral de Política Interior correspóndelle a organización xeral dos procesos electorais de ámbito estatal (eleccións Europeas, a Cortes Xerais, Municipais e Referendos) e as tarefas de coordinación da intervención doutros organismos nesta xestión.

Entre as súas competencias atópanse as seguintes:

- As relacións coa Administración Electoral e, en particular, coa Xunta Electoral Central.

- A xestión das relacións cos Órganos competentes das Comunidades Autónomas en materia electoral.

- A coordinación coas Unidades dependentes doutros Ministerios con competencias en materia electoral.

- Información provisional sobre os resultados.

- O Rexistro de Partidos Políticos.

- O financiamento público dos partidos políticos (subvencións estatais anuais e subvencións por gastos electorais) nos términos establecidos na lexislación vixente.

- Coordinación da loxística electoral.

2.2. Oficina do Censo Electoral. Ministerio de Economía e Empresa:

A Oficina do Censo Electoral é o órgano encargado da formación e actualización do censo electoral. Está encadrada no Instituto Nacional de Estatística (Ministerio de Economía e Empresa) e exerce as súas competencias baixo a dirección e supervisión da Xunta Electoral Central.

A Oficina do Censo Electoral ten unha estrutura provincial, organízase en Delegacións Provinciais, e encárgase de coordinar, supervisar, controlar e revisar o proceso de elaboración do censo electoral.

Ademais, con ocasión de cada proceso electoral ocúpase de:

- Obter as listas electorais para a súa exposición ao público e para as Mesas electorais.

- Resolver reclamacións de electores.

- Determinar as seccións, mesas e locais electorais.

- Entregar copias do censo electoral ás candidaturas proclamadas.

- Enviar as tarxetas censuais aos electores.

- Expedir certificacións censuais específicas e certificados de inscrición no censo.

  • Difusión de datos censuais.

  • Envío da documentación para o voto por correo nacional.

  • Envío da documentación para o voto por correo desde o estranxeiro (CERA e ERTA).

2.3. Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e de Cooperación.

O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e de Cooperación é o encargado -xunto a Correos e a Oficina do Censo Electoral- de facer efectivo o exercicio do dereito de sufraxio dos españois e as españolas no estranxeiro.

As Oficinas e Seccións Consulares encárganse da tramitación das solicitudes da documentación electoral daqueles españois e españolas que residan temporalmente no exterior.

Os españois e as españolas que residen permanentemente no exterior poden depositar o seu voto en urna na Oficina ou Sección Consular na que estean adscritos ou remitírllelo por correo.

Máis información do procedemento de voto destes electores e electoras -voto das persoas temporalmente ausentes e voto das persoas CERA-.

2.4. Correos e Telégrafos

Correos, como operador designado polo Goberno para prestar o servizo postal universal tamén participa no correcto desenvolvemento do proceso electoral.

Fundamentalmente, Correos encárgase de realizar tódolos envíos electorais, tanto os que realiza a Oficina do Censo Electoral dirixidos aos electores e electoras, coma os que realizan as ditas persoas. Todos estes envíos son gratuítos para os electores e as electoras, sen prexuízo de que o Estado, a través do orzamento electoral, deba compensar a Correos pola súa intervención no proceso electoral. Esta compensación inclúe tamén a que corresponde aos envíos de propaganda electoral que realizan os partidos políticos.

2.5. Delegacións e Subdelegacións do Goberno

As Delegacións e Subdelegacións do Goberno realizan importantes funcións electorais no seu respectivo ámbito territorial, en estreita colaboración co Ministerio do Interior, a Administración Local e a Autonómica, se é o caso, entre as que se atopan tarefas de seguridade, loxística electoral, custodia e distribución do material electoral, recollida e remisión da información relativa ao seguimento da xornada e ao escrutinio provisional dos resultados.

2.6. Concellos

Son os encargados da xestión do proceso electoral a nivel local, en colaboración coas Delegacións e Subdelegacións do Goberno e coas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral.

3.- Quen pode presentar candidaturas nun proceso electoral:

Partidos políticos e Federacións

Coalicións electorais

Agrupacións de electores

3.1. Os Partidos políticos e Federacións son asociacións de carácter privado inscritas como tales no Rexistro de Partidos Políticos dependente do Ministerio do Interior.

3.2. Coalicións electorais

Son formacións de carácter temporal, constituídas por partidos e/ou federacións, cuxa finalidade é a de presentar candidaturas nun proceso electoral concreto.

Non existe un Rexistro específico de Coalicións electorais. A súa creación debe comunicarse unicamente á Xunta Electoral correspondente ao ámbito de actuación da coalición.

Han de constituírse expresamente para cada proceso, ou para varios convocados na mesma data, e extínguense unha vez celebrados.

3.3. Agrupacións de electores

Son formacións políticas que se constitúen co aval dun número variable de firmas de electores da circunscrición correspondente, e só e exclusivamente para poder presentar candidatura nun proceso electoral concreto e determinado.

Non teñen vocación algunha de permanencia e, de feito, se queren presentarse noutro proceso electoral, ha de procederse á nova recollida de firmas.

4.- Suxeitos que deciden o proceso electoral:

4.1. Os electores e as electoras

Son electores e electoras nas eleccións ao Parlamento Europeo tódalas persoas españolas maiores de idade inscritas no censo electoral (tanto residentes en España coma residentes no estranxeiro) e as persoas nacionais doutro país da Unión Europea que residan en España, e que estean empadroadas nun municipio español e manifesten a vontade de votar en España nas eleccións ao Parlamento Europeo. Nas eleccións locais ademais destas persoas son electores e electoras os cidadáns e cidadás de países estranxeiros cos que se subscribiu convenio de reciprocidade, que estean empadroadas nun municipio español e manifesten a súa vontade de votar en España. Poden votar todos os españois maiores de idade inscritos no censo electoral (tanto residentes en España como residentes no estranxeiro) e os nacionais doutro país da Unión Europea que residan en España, estean empadronados nun municipio español e manifesten a vontade de votar en España nas eleccións ao Parlamento EuropPueden votar todos os españois maiores de idade inscritos no censo electoral (tanto residentes en España como residentes no estranxeiro) e os nacionais doutro país da Unión Europea que residan en España, estean empadronados nun municipio español e manifesten a vontade de votar en España nas eleccións ao Parlamento Europeo

4.2. Os votantes

Os electores e as electoras convértense en votantes desde o momento en que votan. En España o voto é voluntario. Ninguén pode ser obrigado nin coaccionado a votar.

A diferenza entre número de electores e electoras e número de votantes representa o índice de participación, dato moi importante para valorar correctamente o proceso electoral.

5.- Quen informa sobre o proceso electoral:

5.1. Ministerio do Interior

O Ministerio do Interior -Dirección Xeral de Política Interior- informa sobre o proceso e sobre os resultados provisionais, principalmente a través das campañas institucionais, da súa páxina web e das rodas de prensa que, xunto coa Secretaría de Estado de Comunicación, ofrécense durante a fin de semana electoral.

5.2. Medios de comunicación

Os medios de comunicación (televisións públicas e privadas, radios, prensa escrita, periódicos dixitais, etc.) emiten as campañas institucionais que elabora o Ministerio do Interior e organizan amplas actuacións para informar sobre o proceso electoral, as actividades das formacións políticas que concorren, o operativo electoral e os resultados electorais.

6.- Quen vea pola seguridade do proceso.

  • Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
  • Corpos de Seguridade Autonómicos
  • Policía Local

7.- Outros suxeitos que interveñen no proceso:

  • Representantes da Administración
  • Secretarios e Secretarias dos Concellos
  • Ministerio de Defensa
  • Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias
  • Apoderados e apoderadas, interventores e interventoras

7.1. Representantes da Administración

Son as persoas designadas polas Delegacións e Subdelegacións do Goberno para ofrecer, durante toda a xornada electoral, a asistencia necesaria á Mesa electoral, sempre con carácter auxiliar e baixo a súa autoridade.

As súas funcións comprenden:

- A recollida e transmisión dos datos relativos á suficiencia do material electoral e incidencias que se produzan na apertura e constitución das mesas.

- Recollida e transmisión de datos relativos ao comezo da votación e aos datos de participación nos momentos fixados polo Goberno para ofrecer publicamente esta información.

- Recollida dunha copia da acta de escrutinio da Mesa electoral e a transmisión dos datos incluídos nela. Ademais, custodiará a dita copia para a súa entrega á Delegación ou Subdelegación do Goberno.

7.2. Secretarios e Secretarias dos Concellos

Son os delegados e as delegadas da Xunta Electoral de Zona e actúan baixo a súa estrita dependencia.

Colaboran na loxística electoral e na supervisión dos locais electorais para que o día da xornada electoral teñan cubertas as súas necesidades.

7.3. Ministerio de Defensa

Participa no proceso electoral garantindo o voto do persoal das Forzas Armadas que estea cumprindo misións no exterior.

7.4. Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias (Ministerio do Interior)

Participa no proceso electoral facilitando o voto das persoas internas en centros penitenciarios que non sexan privadas do exercicio do dereito de sufraxio.

Estas persoas votan por correo.

7.5. Apoderados e Apoderadas e Interventores e Interventoras

Son persoas designadas polos partidos políticos para actuar o día da votación nos locais electorais.

Poden levar emblemas ou adhesivos da entidade política á que representan, pero só para identificarse como tales e sen que iso constitúa propaganda electoral.

7.5.1. Apoderado e Apoderada

Persoa maior de idade, en pleno uso dos seus dereitos civís e políticos, que representa un partido político en tódolos actos e operacións electorais.

Pode acceder libremente a tódolos locais electorais, examinar o desenvolvemento da votación e do escrutinio en calquera mesa; formular reclamacións e pedir certificacións.

Non vota na Mesa senón que figure no seu censo.

7.5.2. Interventor e Interventora

É a persoa que representa á candidatura ante unha Mesa electoral.

Desempeña a súa función só ante a Mesa na que está acreditada.

Participa nas deliberacións da Mesa con voz, pero sen voto.

Os interventores e as interventoras de cada candidatura acreditadas ante a Mesa poden substituírse entre si.

Pode formular reclamacións ou protestas e pedir certificacións.

O voto dos interventores e as interventoras deberá facerse na Mesa ante a que están acreditadas cando a dita Mesa forme parte da circunscrición electoral na que lles corresponda votar en tódolos procesos electorais convocados, debendo en cambio facelo por correspondencia en todos eles si nalgún dos devanditos procesos non se dá esa circunstancia.

null