Ministerio del Interior

Elecciones 2019

Voto por correo dende España

Voto por correo dende España

Como podo votar por correo se resido en España?

  • Para solicitar o voto por correo se resides en España debes recoller o impreso de solicitude na Oficina de Correos, onde estará dispoñíbel dende o mesmo día da convocatoria das eleccións (2 de abril).
  • É moi importante que lembres que dende o momento no que teñas solicitado votar por correo, de ser aceptada a solicitude, xa non poderás votar de maneira presencial na Mesa electoral o día das eleccións.
  • No impreso de solicitude indicarás o enderezo postal ao que queres que se che envíe a documentación electoral (pode ser o teu lugar de traballo e incluso un apartado postal)
  • A continuación a Oficina do Censo Electoral envía por correo certificado ao domicilio indicado no impreso de solicitude un sobre coa seguinte documentación:
    • Unha papeleta de cada unha das formacións políticas que se presenten a cada un dos procesos convocados.
    • Un sobre de votación para cada proceso.
    • O certificado de inscrición no censo.
    • Un sobre no que figurará o enderezo da Mesa onde che correspondería votar.
    • Unha folla explicativa.
  • Esta documentación deberá ser recibida por ti persoalmente
  • Unha vez teñas recibido a documentación, elixe a papeleta de votación para cada proceso no que teñas decidido votar e introdúcea no sobre de votación correspondente (ou non inclúas papeleta se desexas votar en branco).
  • Logo, introduce o sobre ou os sobres de votación e o certificado de inscrición no censo no sobre no que está escrito o enderezo da túa Mesa electoral.
  • Lembra: Non introduzas ningún documento acreditativo da túa identidade dentro do sobre de votación, porque neste caso o teu voto sería considerado nulo pola Mesa.
  • Leva ese sobre a unha Oficina de Correos e envíao por correo certificado até o día 22 de maio. Este envío é gratuíto.
  • O día das eleccións, o domingo 26 de maio, o Servizo de Correos enviará todos os sobres que conteñen os votos por correo ás Mesas electorais ás 9 da mañá. Da mesma maneira, seguirá dando traslado dos envíos postais que se sigan recibindo ao longo do día, até as 20 horas. A esa hora, rematada a votación e antes de realizar o escrutinio, a Mesa introducirá os sobres de voto recibido por correo na urna.