Votación das persoas que residen temporalmente no estranxeiro (ERTA)
VISITA GUIADA VOTO ERTA
As persoas que se atopan temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria dun proceso e a súa celebración e desexan exercer o seu dereito de sufraxio pero non están inscritos no censo electoral de residentes ausentes no estranxeiro (CERA), poden facelo seguindo un procedemento específico, regulado no Real Decreto 1621/2007, de 7 de decembro.
A solicitude
Cubra o impreso de solicitude (atoparao no seu Consulado ou Embaixada, e tamén pode descargalo nesta WEB).
Entrégueo persoalmente no Consulado ou Embaixada.
Para poder formular a solicitude, deberá estar inscrito ou inscrita no Rexistro de Matricula Consular como non residente. Ambos trámites (solicitude e inscrición) poden realizarse no mesmo acto.
O prazo para presentar a solicitude remata o día 27 de abril.
O voto
A Oficina do Censo Electoral remitiralle:
- Unha folla informativa.
- Papeletas e sobres de votación para cada proceso electoral.
- O certificado de inscrición no censo electoral.
- Un sobre dirixido á Mesa electoral que lle corresponder.
- Impreso para a devolución dos gastos do envío do voto por correo.
Introducirá no sobre dirixido á mesa electoral:
- O sobre de votación coa súa opción de voto (para cada proceso electoral).
- O certificado de inscrición no censo.
- Se así o desexar, o impreso cuberto para a devolución dos gastos do envío.
Ten até o día 22 de maio para remitir este sobre por correo certificado.
Será indispensábel para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha oficina de correos, do Estado correspondente, que certifique que se remitiu dentro do prazo previsto.
Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.infooectoral.mir.es , www.exteriores.gob.es , www.ine.es .