O kit de voto accesible para as eleccións ao Parlamento Europeo 2009 contén:
Tantos sobres como candidaturas concorran as eleccións ao Parlamento Europeo 2009. Cada un destes sobres atópase etiquetado en braille e tinta co nome dunha das candidataturas. Dentro de cada un atoparase a papeleta normalizada da candidatura correspondente ao nome indicado na devandita etiqueta.
A. Preparación do voto.
1. Abrir o sobre de tamaño grande e extraer os sobres identificados en braille e caracteres visuais co nome das distintas candidaturas.
2. Seleccionar o sobre cuxa etiqueta en braille coincida coa candidatura á que se desexa votar, abrir ese sobre e extraer a papeleta normalizada que contén.
3. Introducir a papeleta seleccionada no sobre de votación normalizado: o único que non ten etiqueta impresa en braille e tinta.
B. Votación.
1. A continuación diríxase á mesa electoral onde lle deberá mostrar ao/á presidente/a da mesa electoral un dos seguintes documentos para identificarse:
2. Entregue o sobre de votación (sobre normalizado sen etiqueta braille/tinta) ao/á presidente/a da mesa electoral para que o introduza na urna, tal e como se prevé na normativa electoral para todo o electorado.
C. Material sobrante.
Despois da votación, recoméndaselle ao/á elector/a que leve consigo o kit de votación accesible e todo o material sobrante, co fin de asegurar o segredo do voto emitido