Requisitos da denominación das candidaturas
Doutrina da Xunta Electoral Central (Enlace á Xunta Electoral Central)
Acordos de 5 de maio de 1987, 30 de maio de 1994, 8 de outubro de 1998 e 20 de xaneiro de 2000:
“os partidos políticos e federacións unicamente poderán utilizar a denominación inscrita no Rexistro de Partidos Políticos”
Acordos de 11 de setembro de 1991 e 15 de marzo de 1996:
“en materia de símbolos das entidades políticas hai que aterse ao Rexistro de Partidos Políticos”
Acordos de 25 de maio e de 6 de xuño de 1977, de 8 de maio de 1978, de 5 de febreiro de 1979, 27 de setembro de 1982, 5 de maio de 1987, 14 de maio de 1989, 11 de marzo de 1991, 10 de febreiro de 1992, 5 de maio de 1993, 7 e 17 de abril de 1995, 4 de febreiro, 20 de abril e 3, 13 e 24 de maio de 1999:
“non cabe utilizar outros símbolos ou emblemas que os inscritos por cada entidade política no Rexistro..., debendo estarse ao que establece a lexislación xeral en canto á utilización doutros símbolos durante a campaña electoral. A normativa electoral non considera en todo caso a existencia de denominacións ou símbolos especiais para o proceso electoral”
Acordos de 6 de xuño de 1977, 17 de xaneiro e 21 de febreiro de 1979, 11 de maio de 1987: “non cabe utilizar outra denominación que a inscrita no Rexistro referido. Non cabe, tampouco abreviala nin realizar calquera adición que non figure naquel”.abreviarla ni realizar cualquier adición que no figure en aquél”.
Sentenza do Tribunal Constitucional 69/1986, de 28 de maio.
A esixencia de que o escrito de presentación de cada candidatura exprese claramente a denominación, siglas e símbolo do Partido, Federación, Coalición ou Agrupación que a promove “non pode defraudarse, alterando a cabal denominación do Partido polas siglas que a ela se queiran facer corresponder, xa que a mesma está ao servizo dunha identificación clara e distinta de quen presente a candidatura para que a vontade política que os sufraxios expresen se corresponda, coa maior fidelidade posíbel, á entidade real de quen, ao longo da campaña electoral, así os recolla”
… “a identificación destes termos como candidatura de presentación partidaria, non resulta dispoñíbel nin pode alterarse co simple argumento de que o nome distinto ao do seu día rexistrado resulta tamén idóneo a xuízo dos seus promotores. É ocioso lembrar que a denominación no seu momento distinta poderá ser modificada polo partido e de acordo co que os seus Estatutos dispoñan, pero en tanto a mencionada mudanza non se producir – e a certificación do Rexistro non o reflicte neste caso – a denominación da candidatura non haberá de ser se non a do Partido”
Xunta Electoral Central