Límites das subvencións por gastos electorais
O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior a:
- A cifra de gastos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas.
- A cifra resultante de multiplicar por 0,19 euros o número de habitantes correspondente á poboación de dereito nas seccións electorais onde se teña solicitado que se efectúe a difusión das papeletas.
O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior á cifra de gastos por envíos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas, coas seguintes consideracións:
- Aos céntimos de euros por elector da escala reflectida na ficha anterior ao que se teña efectuado o envío de propaganda.
- Débese xustificar a realización efectiva da actividade, é dicir da remisión dos envíos
ARTIGO 17. INFRACCIÓNS E 17 BIS SANCIÓNS
- MOI GRAVE:
A superación polos partidos políticos, nun 10% ou máis, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da citada Lei.
- SANCIÓN:
Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido. A sanción non será inferior a 50.000,00 euros.
- GRAVE:
A superación polos partidos políticos, en máis dun 3% e en menos dun 10%, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da mencionada Lei.
- SANCIÓN:
Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido. A sanción non será inferior a 25.000,00 euros.
- LEVE:
A superación polos partidos políticos, en máis dun 1% e en menos dun 3%, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da mencionada Lei.
- SANCIÓN:
Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido. A sanción non será inferior a 5.000,00 euros.