Paridad Electoral
Que é a paridade electoral?
A paridade electoral é a presenza equilibrada de mulleres e homes no ámbito da representación política.
A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral esixe a composición equilibrada das listas electorais que se presenten nas eleccións ao Congreso, eleccións locais, Consellos Insulares, Cabidos Insulares Canarios, Parlamento Europeo e Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas.
Esta composición equilibrada de mulleres e homes supón o seguinte:
No conxunto da lista das Eleccións ao Parlamento Europeo, os candidatos de cada un dos sexos non poderán estar representados en menos do corenta por cento. Cando o número de postos a cubrir sexa inferior a cinco, a proporción de mulleres e homes será o máis achegada posíbel ao equilibrio numérico.
Máis información:
- Instrucción 5/2007, de 12 de abril, da Xunta Electoral Central, sobre aplicación dos artigos 44.bis e 187.2 da LOREG na redacción dada pola Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
- INSTRUCCIÓN 8/2007, de 19 de abril, da Xunta Electoral Central, sobre interpretación do trámite para arranxar as irregularidades previsto no artigo 48.1 LOREG por incumprimento dos requisitos dos artigos 44.bis y 187.2 da LOREG, na súa redacción dada pola Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
- Eleccións ao Parlamento Europeo 2014: Impacto da Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes