Ministerio del Interior

Elecciones 2019

Persoas que integran a mesa

PERSOAS QUE INTEGRAN A MESA

Como se desenvolve a xornada electoral para as persoas que integran as Mesas?

8.00 da mañá:

  1. Reunión no local electoral

    Ás 8 da mañá deben estar presentes no local electoral tódalas persoas que integran a Mesa e os seus suplentes. Estas, constituída a Mesa, se non tiveron que substituír a ningunha das persoas titulares, quedan exentas das súas obrigacións e poden abandonar o local electoral.

    Que pasa se non se presentan as persoas nomeadas coma titulares nin os suplentes?

    Se non se presenta o Presidente ou Presidenta titular, nin tampouco os seus suplentes, asumirá a presidencia o primeiro ou primeira vocal, ou o segundo ou a segunda vocal, que deberán ser substituídos/as na súa calidade de vocais polos seus suplentes.

    Se non pode constituírse a Mesa antes das 10 da mañá, por non contar coas 3 persoas que esixe a lei, debe comunicarse á Xunta Electoral de Zona.

    Que ocorre entón? Que a XEZ convocará unha nova votación dentro dos dous días seguintes. A convocatoria fixarase na porta do local electoral e a Xunta Electoral nomeará novos compoñentes da Mesa

    As persoas que integran a Mesa poderán atopar axuda no ou na representante da Administración, que desde primeira hora da mañá se atopará no local electoral.

  2. Comprobación do material electoral

    A Mesa deberá comprobar que se dispón do material electoral seguinte:

    1. URNAS DE VOTACIÓN

      As urnas deben estar claramente identificadas

      Deben estar pechadas e precintadas.

      En caso de de rotura ou deterioro do precinto, a Presidencia da Mesa, se non puidese obter outra urna da Xunta Electoral de Zona, deberá asegurar o peche da urna con calquera medio ao seu alcance

    2. CABINA DE VOTACIÓN

      Cabina de votación, nun lugar intermedio entre a entrada e a Mesa.

    3. SOBRES E PAPELETAS

      Durante toda a xornada, e mentres dure a votación, debe haber un número suficiente de sobres e papeletas de todas e cada unha das candidaturas que se presentan a cada elección.

    4. DOCUMENTACIÓN ELECTORAL
      • Listaxe do censo de electores e electoras correspondente á Mesa
      • Actas (constitución, escrutinio e sesión.)
      • Listaxe numerada de votantes. Anotarase nela en que proceso ou procesos vota cada persoa
      • Certificados de votación para entregar aos votantes que o soliciten.
      • Copia dos nomeamentos (credenciais) dos interventores e interventoras que actúen ante a Mesa.
      • Copia dos nomeamentos (credenciais) dos electores e electoras que figuran no censo da Mesa que actúen coma interventores e interventoras noutra Mesa distinta
      • Xogo de sobres e recibos de entrega deles

      Se a Mesa non dispón dalgún destes elementos, debe comunicalo inmediatamente á Xunta Electoral de Zona, para que proceda ao seu envío.

  3. Comprobación de que o local electoral reúna as condicións adecuadas para celebrar a votación.

    Mesas, cadeiras, luz apropiada.....

  4. Recepción das credenciais dos interventores e interventoras.

    • Só pode actuar ante a Mesa un máximo de dous interventores ou interventoras por cada candidatura.
    • Indicaráselles que quedan recoñecidos pola Mesa.
    • Incluirase o seu nome na acta de constitución da Mesa.
    • Devolveránselles os nomeamentos./li>

8:30 DA MAÑÁ

Confección da acta de constitución da Mesa electoral

É única para tódalas eleccións que se celebren.

Poden solicitar unha copia: representantes de candidaturas, apoderados ou apoderadas e interventores ou interventoras. Só debe entregarse unha copia por candidatura.

9 DA MAÑÁ A 8 DA TARDE

A Presidencia da Mesa anunciará o comezo da votación, coas palabras “empeza a votación”.

Os electores e electoras achegaranse á Mesa de un en un. Os vocais e interventores ou interventoras comprobarán a súa identidade.

Deberán presentar calquera dos documentos seguintes:

  • Documento Nacional de Identidade (DNI).
  • Pasaporte (con fotografía).
  • Permiso (carné) de conducir (con fotografía).
  • Tarxeta de residencia, no caso de cidadáns e cidadás da Unión Europea que a posúan.
  • Tarxeta de identidade, se se trata de persoas estranxeiras nacionais de países cos que España subscriba un tratado de reciprocidade para o recoñecemento do dereito de sufraxio nas eleccións locais

Aceptarase a presentación destes documentos aínda que estean caducados, pero han de ser os orixinais, en ningún caso fotocopias.

O elector ou electora entregará o sobre de votación pechado á Presidencia da Mesa, quen sen ocultalo en ningún momento á vista do público dirá en voz alta o nome do ou da votante e, engadindo “vota”, entregará de novo o sobre ao elector ou electora, que será quen o introduza na urna.

Que ocorre se a persoa non está na lista do censo? Poderá votar na Mesa se:

  1. Se trata dos interventores ou interventoras acreditados ante a Mesa, sempre que figuren nesa circunscrición para tódolos procesos convocados.
  2. A persoa que vota presenta algún dos documentos seguintes:
    • Sentenza xudicial que recoñeza o seu dereito a estar inscrito no censo da Mesa.
    • Certificación censal específica, expedida por la Delegación Provincial de la Oficina del Censo Electoral, que le habilite para hacer efectivo su derecho al voto en esa Mesa.• Certificación censual específica, expedida pola Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, que lle habilite para facer efectivo o seu dereito ao voto nesa Mesa.

Se unha persoa solicitou o voto por correo, non pode votar presencialmente na Mesa

(aparecerá unha letra “C” ao lado do seu nome na lista do censo, ou figurará nunha “relación de electores e electoras da Mesa que solicitaron o voto por correo”)

Anotación de votantes na lista numerada de votantes, co seu nome e apelidos, e na orde na que emitan o voto.

A votación pódese interromper ou suspender:

DÉBESE INTERROMPER cando a Mesa advirta a ausencia de papeletas dalgunha candidatura e non poida suplila mediante papeletas fornecidas polos interventores e interventoras ou apoderados e apoderadas da correspondente candidatura. Neste caso, a Presidencia da Mesa comunicará por teléfono tal feito á Xunta Electoral de Zona que, inmediatamente, fornecerá novas papeletas. A interrupción non pode durar máis dunha hora e a votación prorrogarase tanto tempo coma estivese interrompida.

PÓDESE SUSPENDER por interrupción superior a unha hora, ou ben por calquera motivo que faga imposible o acto da votación.

A Presidencia, antes de tomar a decisión de suspender a votación, debe solicitar o parecer de tódalas persoas que integran a Mesa e, se as circunstancias o permiten, debe consultar a Xunta Electoral de Zona.

Unha vez tomada a decisión de suspender a votación, que se reflectirá en escrito razoado, a Presidencia ordenará a destrución de tódalas papeletas depositadas ata o momento nas urnas e enviará inmediatamente unha copia do citado escrito á Xunta Electoral Provincial, xa sexa en man ou por correo certificado.

8 DA TARDE

A Presidencia da Mesa anunciará en voz alta que vai concluír a votación. Acto seguido, introducirá as papeletas de voto remitidas por correo.

A continuación procédese ao voto dos persoas que integran a Mesa e mailos interventores ou interventoras

Firma da lista numerada de votantes polos/as vocais e interventores e interventoras.

Escrutinio:

Gardarase a orde seguinte:

  1. Eleccións ao Parlamento Europeo.
  2. Eleccións Municipais.
  3. Eleccións a Entidades de Ámbito Territorial Inferior ao Municipio, de ser o caso.
  4. Eleccións Autonómicas.
  1. Aberta a urna, a Presidencia da Mesa extraerá, un a un, os sobres, abriraos e lerá as papeletas en voz alta
  2. A Presidencia ensinará cada papeleta, unha vez lida, a vocais, interventores ou interventoras e apoderados ou apoderadas
  3. A Mesa comprobará que o número de sobres coincide co de votantes anotados na lista numerada de votantes
  4. A Presidencia da Mesa preguntará se hai algunha protesta ou reclamación
  5. Destrución das papeletas de votación en presenza dos asistentes

    NON DEBEN DESTRUÍRSE as papeletas seguintes:

    • Aquelas ás que se negou validez
    • Aquelas que fosen obxecto dalgunha reclamación.

    Coas papeletas que non se destrúan, débese facer o seguinte:

    • As persoas que integran a Mesa poñerán a súa firma nelas.
    • Uniranse á acta de sesión
    • Incluiranse na documentación electoral (no sobre n.º 1)

Anuncio dos resultados da votación, con indicación dos datos seguintes:

  • Persoas censadas
  • Certificacións censuais achegadas e de sentenzas, de ser o caso.
  • Número de votantes.
  • Número de votos nulos.
  • Número de votos en branco.
  • Número de votos obtidos por cada candidatura.

Cubrir a acta de escrutinio. Asinarase por quen preside a Mesa, os vocais e os interventores ou interventoras das candidaturas. O orixinal colocarase na entrada do local.

Entregar copias ás persoas seguintes e pola orde seguinte:

  • En primeiro lugar, ao ou á representante da Administración.
  • Despois, a representantes de candidatura, interventores ou interventoras, apoderados ou apoderadas e candidatos e candidatas que o soliciten.

Só debe entregarse unha copia da acta por cada candidatura

Acta de sesión.Asinar as actas por quen presida a Mesa, vocais e interventores ou interventoras das candidaturas.

Entregar copias a representantes de candidaturas, apoderados, interventores e candidatos que o soliciten

PREPARACIÓN E ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN ELECTORAL.

Distribuír a documentación electoral en tres sobres. Haberá un xogo de tres sobres para cada proceso que se celebre.

Sobre número 1 de cada proceso celebrado:
  • Orixinal da acta de constitución da Mesa (para incluír nas eleccións Municipais, no resto incluiranse as copias)
  • Orixinal da acta da sesión do proceso que corresponda
  • Documentos aos que se faga referencia na acta de sesión: listas do censo electoral, lista numerada de votantes, papeletas nulas ou que fosen obxecto de reclamación, certificacións censuais e/ou sentenzas xudiciais achegadas, copias das credenciais dos interventores, ou as propias credenciais se non se recibiron as copias, solicitudes de reintegro de gastos do voto por correo, se as houbese
Sobre números 2 e 3 de cada proceso celebrado:
  • Copia da acta de constitución da Mesa
  • Copia das actas da sesión

PECHAR OS SOBRES E ASINALOS. As persoas da Mesa e os interventores ou interventoras poñerán as súas firmas neles, de xeito que estas crucen as solapas.

ENTREGAR OS SOBRES.

Os NÚMEROS 1 e 2
  • No Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz

    Poderá ser acompañado por un ou unha vocal e interventores ou interventoras que o desexen.

    As Forzas e Corpos de Seguridade acompañarán e, se fose preciso, facilitarán o desprazamento destas persoas.

  • O Xuíz ou Xuíza asinará o correspondente recibo (que debe atoparse entre a documentación da Mesa).

Entregados os sobres números 1 e 2, finalizan as funcións das persoas que integran a Mesa que acudiron ao xulgado.

Sobre NÚMERO 3

Un dos vocais debe permanecer no local ata que se efectúe a entrega ao empregado ou empregada do Servizo de Correos, que asinará o correspondente recibo (que debe atoparse entre a documentación da Mesa).

Entregado o sobre número 3, finalizan as funcións da persoa que integra a Mesa que permaneceu no local electoral.