A paridade electoral é a presenza equilibrada de mulleres e homes no ámbito da representación política.
A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral esixe a composición equilibrada das listas electorais que se presenten nas eleccións ao Congreso dos Deputados, eleccións Locais, a Consellos Insulares, a Cabidos Insulares Canarios, ao Parlamento Europeo e ás Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas.
Esta composición equilibrada de mulleres e homes supón o seguinte:
No conxunto da lista das eleccións ao Congreso dos Deputados, e en todo caso en cada tramo de 5 postos, os candidatos de un ou outro sexo non poderán estar representados en menos do 40%.
Cando as candidaturas para o Senado se agrupen en listas, esas listas deberán ter igualmente unha composición equilibrada de mulleres e homes, de maneira que a proporción dunhas e outros estea o máis preto posible do equilibrio numérico.
Máis información: