Acordos do 5 de maio de 1987, 30 de maio de 1994, 8 de outubro de 1998 e 20 de xaneiro de 2000:
“Os partidos políticos e federacións unicamente poderán utilizar a denominación inscrita no Rexistro de Partidos Políticos”
Acordos do 11 de setembro de 1991 e 15 de marzo de 1996:
“en materia de símbolos das entidades políticas hai que aterse ao Rexistro de Partidos Políticos”
Acordos do 25 de maio e do 6 de xuño de 1977, do 8 de maio de 1978, do 5 de febreiro de 1979, 27 de setembro de 1982, 5 de maio de 1987, 14 de maio de 1989, 11 de marzo de 1991, 10 de febreiro de 1992, 5 de maio de 1993, 7 e 17 de abril de 1995, 4 de febreiro, 20 de abril e 3, 13 e 24 de maio de 1999:
“non cabe utilizar outros símbolos ou emblemas que non sexan os inscritos por cada entidade política no Rexistro…, debendo estarse ao que establece a lexislación xeral en canto á utilización doutros símbolos durante a campaña electoral. A normativa electoral non considera en todo caso a existencia de denominacións ou símbolos especiais para o proceso electoral”
Acordos do 6 de xuño de 1977, 17 e xaneiro e 21 de febreiro de 1979, 11 de maio de 1987:
“non cabe utilizar outra denominación que non sexa a inscrita no Rexistro referido. Non cabe, tampouco abreviala nin realizar calquera adición que non figure naquel”.
Sentenza do Tribunal Constitucional 69/1986, do 28 de maio.
A esixencia de que o escrito de presentación de cada candidatura exprese claramente a denominación, siglas e símbolo do Partido, Federación, Coalición ou Agrupación que a promove “non pode defraudarse, alterando a cabal denominación do Partido polas siglas que a ela se queiran facer corresponder, xa que a mesma está ao servizo dunha identificación clara e distinta de quen presente a candidatura para que a vontade política que os sufraxios expresen se corresponda, coa maior fidelidade posible, á entidade real de quen, ao longo da campaña electoral, así os solicite”.
…”a identificación destes termos como candidatura de presentación partidaria, non resulta dispoñible nin pode alterarse co simple argumento de que o nome distinto ao do seu día rexistrado resulta tamén idóneo a xuízo dos seus promotores. É ocioso recordar que a denominación no seu momento distinta poderá ser modificada polo partido e de acordo co que os seus Estatutos dispoñan, pero en tanto dito cambio non se produza- e a certificación do Rexistro non o reflicte neste caso- a denominación da candidatura non deberá de ser senón a do Partido”.