Voto das persoas que residen temporalmente no estranxeiro (ERTA)

Voto das persoas que residen temporalmente no estranxeiro (ERTA)

Impreso de solicitude de voto por correo de electores temporalmente no estranxiro (ERTA)

Os electores que se atopen temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria dun proceso e a súa celebración, e desexen votar, deberán solicitalo previamente.

O impreso de solicitude poderá atopalo nos Consulados e Embaixadas e descargalo aquí.

A solicitude cuberta deberá entregarse persoalmente no Consulado ou Embaixada.

Para poder formular a solicitude, o elector deberá estar inscrito no Rexistro de Matrícula Consular como non residente. Ambos os trámites (solicitude e inscrición) pódense realizar no mesmo acto.

O prazo para presentar a solicitude finaliza o día 30 de marzo.

A Oficina do Censo Electoral enviaralle a documentación para votar.

Os envíos realizaranse en todo caso antes do 16 de abril. A este prazo deberá sumarse o tempo que tarde en chegar a documentación ao domicilio no estranxeiro.

En que consiste esta documentación electoral que remite a Oficina do Censo Electoral?

  • unha folla informativa.
  • certificado de inscrición no censo.
  • papeletas e sobres de votación.
  • un sobre no que debe figurar a dirección da Mesa electoral que lle corresponda.
  • un impreso oficial destinado a posibilitar o reintegro dos gastos de franqueo, no seu caso.

O elector deberá seleccionar a súa opción de voto:

  • Para a elección de Deputados, introducirá a papeleta correspondente á candidatura elixida dentro do sobre de votación de cor branca.
  • Para a elección de Senadores, marcará o/os candidatos da súa elección atendendo ás instrucións recollidas na papeleta. Despois meterá esta papeleta no sobre de votación de cor sepia.

A continuación, introducirá no sobre dirixido á mesa electoral o seguinte:

  • Sobres de votación coas papeletas.
  • O certificado de inscrición no censo.
  • Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos do envío.

Ten ata o día 24 de abril para remitir este sobre por correo certificado.

Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial da Oficina de Correos do Estado correspondente que certifique que se remitiu dentro do prazo previsto.

O servizo de Correos conservará ata o día da votación a correspondencia dirixida á Mesa e trasladaraa ás 9 da mañá e ata as 20 horas do mesmo día.

Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.exteriores.gob.eswww.ine.es.

Voto ERTA