O “dereito de sufraxio activo” é dereito ao voto e o “dereito de sufraxio pasivo” é o dereito para presentarse como candidato e ser votado.
Nas eleccións a Cortes Xerais poden votar todos os españois maiores de idade inscritos no censo electoral (tanto residentes en España como residentes no estranxeiro).
Con todo, non poderán votar:
Non. Ninguén pode ser obrigado nin coaccionado baixo ningún pretexto no exercicio do seu dereito de sufraxio, nin a revelar o seu voto.
O voto (o exercicio do dereito de sufraxio) é universal, libre, igual, directo e segredo.
O censo electoral é unha base de datos que contén a inscrición de quen reúne os requisitos para votar e no está privados definitiva ou temporalmente do dereito de sufraxio.
O censo electoral é único e permanente, e a súa actualización é mensual.
O censo electoral no caso das eleccións a Cortes Xerais está composto por:
a) Censo de Electores Residentes en España (CER).
b) Censo de Electores Residentes Ausentes que viven no estranxeiro (CERA).
A inscrición no censo electoral é obrigatoria para poder votar.
O censo electoral é elaborado pola Oficina do Censo Electoral, órgano encadrado no Instituto Nacional de Estatística (Ministerio de Economía e Competitividade), que exerce as súas competencias baixo a dirección e supervisión da Xunta Electoral Central.
Os Concellos, as Oficinas Consulares de España no estranxeiro e as Seccións Consulares das Misións Diplomáticas tramitan de oficio a inscrición dos electores e a Oficina do Censo Electoral é o órgano encargado da formación do censo electoral.
Para a elaboración do censo, a Oficina:
O censo que se utiliza en cada proceso electoral é o pechado o día primeiro do segundo mes anterior ao da data da convocatoria.
No caso das Eleccións do 28 de abril, o censo é o pechado ao 1 de Janeiro de 2019.
Con todo, a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral prevé un período de rectificación xa convocadas as eleccións.
Os concellos e consulados expoñerán as listas electorais vixentes dos seus respectivos municipios do 11 ao 18 de marzo.
Ademais, a Oficina do Censo Electoral remitirá a todos os electores una tarxeta censual cos datos actualizados da súa inscrición no censo electoral e da sección e mesa na que lles corresponde votar e comunicará igualmente aos electores afectados as modificacións de seccións, locais ou mesas electorais.
Así mesmo poderase acceder á consulta dos datos de locais e mesas electorais por Internet, a través da páxina web do INE (www.ine.es) sen necesidade de dispoñer de certificado dixital.
Para as consultas dos datos de inscrición individuais de cada elector, que incluirán tamén os da mesa e local onde lle corresponde votar, será necesaria a utilización dun certificado dixital e se poderá acceder a través da páxina web do INE (www.ine.es) desde o día da publicación da convocatoria.
Se, durante o período de exposición das listas (do 11 ao 18 de marzo), calquera persoa observa que está incluído ou excluído indebidamente do censo electoral, pode presentar unha reclamación ante a Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral.
Esta, no prazo de tres días, resolve as reclamacións e ordena as rectificacións, que haberán de ser expostas ao público o 22 de marzo. Ademais, tamén notificará a resolución adoptada a cada un dos reclamantes, concellos e consulados correspondentes.
Os electores que cambiaron de domicilio ou voten por primeira vez deben comprobar especialmente se os seus datos están correctos.