Considérase como escusa suficiente que exime da obriga de formar parte dunha Mesa electoral a situación de discapacidade, declarada de acordo co artigo 4 do Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.
A presentación polo interesado da declaración de discapacidade, calquera que sexa o grao da mesma, bastará para que sexa aceptada a escusa pola Xunta Electoral de Zona, sen que se entenda necesario achegar certificado médico no que se detallen as limitacións que impidan ou dificulten o desempeño das funcións de membro dunha Mesa Electoral (Instrución 6/2011, de 28 de abril, da Xunta Electoral Central)
Se non quixesen facer uso deste dereito, a Administración ofrece servizos gratuítos para persoas xordas ou con discapacidade auditiva designadas para formar parte da Mesa electoral:
1. Servizo de interpretación de lingua de signos tanto para titulares, coma para suplentes (xa se trate de lingua de signos española ou, no seu caso, das linguas de signos propias das comunidades autónomas).
Estas persoas poderán solicitar á Xunta Electoral de Zona, por escrito e no prazo de sete días desde a notificación do seu nomeamento, o servizo gratuíto de intérprete de lingua de signos.
A Xunta Electoral de Zona porá en coñecemento da correspondente Delegación/ Subdelegación do Goberno os supostos nos que aquela teña resolvido que se debe proporcionar o servizo gratuíto de intérprete de lingua de signos.
A Subdelegación do Goberno correspondente comunicará estes casos ao Ministerio do Interior, a quen corresponde a coordinación dos procesos electorais de ámbito estatal, e, de xeito simultáneo, porase en coñecemento da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) ao teléfono 607992514 cuxo horario de atención é de 8:00 a 20:00. Este teléfono está especialmente habilitado pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), en colaboración co Ministerio do Interior e o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, ao efecto de seleccionar os intérpretes oficiais de lingua se signos que prestarán o referido servizo durante a xornada electoral.
2. Servizo gratuíto de bucle de indución magnética para persoas xordas ou con discapacidade auditiva (usuarias de próteses auditivas, tanto titulares, coma suplentes.
Estas persoas poderán solicitar á Xunta Electoral de Zona, por escrito e no prazo de sete días desde a notificación do seu nomeamento, o servizo gratuíto de intérprete de lingua de signos.
A Xunta Electoral de Zona porá en coñecemento da correspondente Delegación / Subdelegación do Goberno os supostos nos que teña resolvido que se debe proporcionar o citado servizo gratuíto, e esta comunicará os casos ao Ministerio do Interior, que levará a cabo as xestións necesarias con FIAPAS (Confederación Española de Familias de Persoas Xordas) para dotar estas persoas do servizo solicitado.