Seguridade Social
Con independencia da súa condición individual (xa sexa persoa traballadora, pensionista, desempregada...), toda persoa que sexa designada para desempeñar funcións (tanto titular como suplente) dunha Mesa electoral con motivo da celebración dun proceso electoral, está especialmente protexida polo sistema da Seguridade Social.
Están protexidas de todos os riscos que se deriven da súa condición de titular ou suplente, dunha Mesa electoral e teñan relación directa co desempeño das súas funcións, incluído o accidente “in itinere”, tendo as lesións que puideran sufrir, a consideración de accidente de traballo.
As prestacións ás que se ten dereito son as seguintes:
- Asistencia sanitaria.
- Prestacións complementares.
- Prestacións económicas.
- Servizos Socias.
No caso de ser necesaria a asistencia sanitaria, a persoa afectada ou, no seu defecto, os seus familiares ou o resto das persoas que formen parte da Mesa electoral, comunicarán á Delegación ou Subdelegación do Goberno, á maior urxencia posíbel, os seguintes datos:
- Datos persoais da persoa afectada.
- Mesa da que formaba parte.
- Accidente e lugar en que se produciu.
- Centro onde foi atendida.
A Dirección Xeral de Política Interior, en comunicación coas Delegacións e Subdelegacións do Goberno, encargarase de realizar as xestións oportunas co Instituto Nacional da Seguridade Social a fin de que se axilice e facilite a protección a dispensar.
En canto ao resto de prestacións distintas da asistencia sanitaria (prestacións complementares, prestacións económicas e Servizos Sociais), tamén estas serán postas en coñecemento da Delegación ou Subdelegación do Goberno correspondente.