Escrutinio e fin da xornada
Unha vez termina a votación, comeza o escrutinio nas Mesas.
Nestas eleccións o escrutinio gardará a orde seguinte:
1º Eleccións ao Parlamento Europeo.
2º Eleccións Municipais.
3º Eleccións a Entidades de Ámbito Territorial Inferior ao Municipio, se é o caso.
4º Eleccións Autonómicas.
4º Cabildos Insulares.
O escrutinio de cada elección realízase da maneira seguinte:
O Presidente ou a Presidenta extraen, un a un, os sobres da urna e le en voz alta a denominación da candidatura. Ensinará cada papeleta, unha vez lida, aos vocais, interventores ou interventoras e apoderados ou apoderadas.
Terminado o reconto, resolveranse por maioría as posibles dúbidas e/ou protestas que puidese haber. Posteriormente, o Presidente ou a Presidenta anunciará en voz alta o resultado, especificando o número de electores e electoras censados, o de certificacións censuais achegadas, o número de votantes, o número de votos nulos, o de votos en branco e o dos votos obtidos por cada candidatura.
A Mesa fai públicos os resultados por medio dunha acta de escrutinio, da que dará unha copia aos representantes de cada candidatura, aos interventores e interventoras, apoderados ou apoderadas e candidatos e candidatas que o soliciten, así como ao representante da Administración.
Si, dado que é un acto público, pero as persoas que asistan carecen de voz e voto polo que non poden formular nin reclamacións nin protestas, nin interferir no normal desenvolvemento do proceso.
Calquera persoa, sexa ou non votante, ten dereito a estar presente no devandito acto sempre que o permita o local onde estea situada a Mesa. Non haberá máis restricións que as que poida suscitar o Presidente ou Presidenta para a conservación da orde pública.
A documentación electoral distribúese en tres sobres. Haberá un xogo de tres sobres para cada proceso que se celebre.
Sobre número 1 de cada proceso celebrado:
- Orixinal da acta de constitución da Mesa (a incluír nas eleccións Municipais; no resto incluiranse as copias)
- Orixinal da acta da sesión do proceso que corresponda
- Documentos aos que se fai referencia na acta de sesión: listas do censo electoral, lista numerada de votantes, papeletas nulas ou que fosen obxecto de reclamación, certificacións censuais e/ou sentenzas xudiciais achegadas, copias das credenciais dos interventores, ou as credenciais mesmas se non se recibiron as copias, solicitudes de reintegro de gastos do voto por correo, se as houbese.
Sobre números 2 e 3 de cada proceso celebrado:
- Copia da acta de constitución da Mesa
- Copia das actas da sesión
Pechar e asinar os sobres. Unha vez pechados os sobres o Presidente ou Presidenta, vocais e interventores poñerán as súas firmas neles cruzando as solapas.
O Presidente ou Presidenta e vocais e interventores que o desexen desprazaranse inmediatamente á sede do Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz, dentro de cuxa demarcación estea situada a Mesa, para facer entrega dos sobres primeiro e segundo. A Forza Pública acompañará e, se fose preciso, facilitará o desprazamento destas persoas.
O Xuíz ou Xuíza recibirá a documentación e asinará o correspondente recibo (que debe atoparse entre a documentación da Mesa)
Un dos vocais, polo menos, debe permanecer no local electoral ata que se efectúe a entrega do sobre número 3. O Servizo de Correos enviará un empregado ou empregada á Mesa electoral, que se fará cargo do sobre e asinará o correspondente recibo (que tamén debe atoparse entre a documentación da Mesa)
Os membros das Mesas electorais que deban desprazarse ata os Xulgados de Primeira Instancia ou de Paz para entregar a documentación electoral ao finalizar a xornada electoral poderán reclamar os gastos derivados deste desprazamento á Delegación ou Subdelegación do Goberno.
Unha vez entregado o terceiro sobre ao empregado de Correos, finalizan as funcións do vocal que permaneza no local electoral.