LÍMITES DAS SUBVENCIÓNS POR GASTOS ELECTORAIS

LÍMITES DAS SUBVENCIÓNS POR GASTOS ELECTORAIS

O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior a:

  • A cifra de gastos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas.
  • A cifra resultante de multiplicar por 0,19 euros o número de habitantes correspondente á poboación de dereito das circunscricións onde presente as súas candidaturas cada partido, federación, coalición ou agrupación de electores. (disposición adicional sétima punto 2 u, 2º)

O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior:

  • Á cifra de gastos por envíos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas.
  • 0,21 euros por número de electores aos que se efectuou o envío de propaganda.
  • Débese xustificar a realización efectiva da actividade, é dicir da remisión dos envíos.

ARTIGO 17. INFRACCIÓNS E 17 BIS SANCIÓNS

MOI GRAVE:

A superación polos partidos políticos, nun 10% ou máis, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da devandita Lei.

SANCIÓN:

Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido.

A sanción non será inferior a 50.000,00 euros.

GRAVE:

A superación polos partidos políticos, en máis dun 3% e en menos dun 10%, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da devandita Lei.

SANCIÓN:

Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido.

A sanción non será inferior a 25.000,00 euros.

LEVE:

A superación polos partidos políticos, en máis dun 1% e en menos dun 3%, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da devandita Lei.

SANCIÓN:

Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido.

A sanción non será inferior a 5.000,00 euros.